Negreira centrará o foco de atención esta fin de semana

Publicado por: F.G. Atletismo

 “O 1978 foi un ano especialmente efervescente en España onde as forzas políticas tentaban de chegar a acordos para sacar adiante a Constitución democrática, pero tamén en Negreira , onde a Asociación de Veciños “Tambre” aparcaba por un intre a loita contra o Plan Xeral de Ordenación Urbana, que o Concello impulsaba, para facer sair á rúa ao maior número de veciños na que sería a I Carreira Popular, chamada polos organizadores Maratón” así comeza a definir a páxina oficial web da proba, as orixes dunha das carreiras máis importantes do panorama galego de ruta inscrita no calendario nacional e que esta edición se achega nada menos que a súa trixésimo novena edición.

Como todos os anos, os importantes premios económicos, farán que ata esta vila da comarca da Barcala, se acheguen destacados atletas internacionáis quenes dende o ano 2000 copan o palmarés da proba. Entre os aspirantes veremos quenes son os que suceden ós kenianos Koima Joyline e Silas Nwetich gañadores o ano pasado e na que por parte galega tamén se agarda unha interesante disputa. Atletas importantes no noso atletismo como Esther Pedrosa, María Jesús Gestido, Rocío Rodríguez ou Lolo Penas, son algúns dos que acadarían inscribindo o seu nome no cadro de honra da proba.

As probas darán comezo a partir das 10.00 horas a carón do C.E.I.P. O Coto como todos os anos.

Páxina Web da proba

O artigo Negreira centrará o foco de atención esta fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Negreira centrará o foco de atención esta fin de semana

Mas noticias relacionadas