Novas adaptacións ao protocolo COVID19

Publicado por: F.G. Atletismo

Recentemente a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia daba luz verde ao novo Protocolo COVID19 cas novas medidas que marcarán a actividade atlética competitiva do atletismo galego.

Como nova importante, cabe citar que se flexibilizan varias das restricións que viñan marcando o desenvolvemento da actividade atlética. Entre elas as que afectan as saídas en ruta que poderán programarse en quendas de 300 en 300 separadas en intervalos dun minuto, e sempre e cando se garante a posibilidade dunha separación mínima de distanciamento entre atleta.

Outro dos cambios que se producen é a que afecta á capacidade dos aforos de público que pasan a ser do 100% no aire libre ao 80% nos recintos cubertos.

Continúan as normas

Malia que o novo protocolo suaviza as medidas sanitarias, non é menos certo que se siguen mantendo aspectos básicos como o do emprego de máscara que será de obrigado uso, agás no momento propio da competición.

Os maiores da categoría Sub16 en adiante, no momento da retirar os seus dorsais deberán amosar ou ben un certificado de vacinación, ou test de antíxenos ou unha PCR negativa cunha antelación mínima de 72 horas á celebración da proba

Menores de doce anos

Neste tipo de categorías tan só esixirase unha declaración responsable, podendo ser as saídas ou a modo individual ou en quendas de 20 mantendo un distanciamento de 1,5 m. e un intervcalo de tempo entre ambas series de vinte segundos.

Tanto o número de atletas permitidos por probas, así como as súas restricións nas competicións en pista aire libre, pista cuberta e ruta conteémplanse nas Novas medidas específicas para competicións

 

O artigo Novas adaptacións ao protocolo COVID19 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Novas adaptacións ao protocolo COVID19

Mas noticias relacionadas