O atletismo galego logra sobre o cume de Gredos seis medallas

Publicado por: F.G. Atletismo

Fantástico balance para o atletismo galego nos campionatos de España de Trail Running nas modalidades de Subida vertical e carreiras de montaña desenvoltos durante esta fin de semana na localidade abulense de Candeleda en plena Serra de Gredos.

De alí regresaba a expedición galega cun fantástico balance total de seis medallas (un ouro, tres pratas e dous bronces) e seis postos de finalistas.

Para comezar, o sábado disputábase o Campionato de España de subida vertical sobre unha distancia de 7,5 km. e cun desnivel positivo de 1.040 metros na que os nosos e nosas atletas realizaron unha excelente actuación en conxunto, máxime si temos en conta que a orografía galega non ten escenarios naturais deste tipo agás nas zonas de montaña.

Sobre o circuito Emilio Montilla do C.D. Biosbardo, erixíase como un dos protagonistas do campionato, ao lograr a medalla de bronce na categoría M50. Pola súa banda non menos destacado resultou o segundo dos podios logrados por María Rebeca Mariño do S.D. Barbantia Roda quen remataba terceira na categoría F40.

Ademais o atleta independente Sub20 Eloy Martínez ,competindo con gripe, acariciaba o podio ao rematar nunha cuarta posición con sabor a metal. José Manuel González na M55 e Narciso Abalo na M40 do SD Barbantia Roda foron outros dos participantes que remataban en postos de finalistas.

Campionato de España de carreiras de montaña

Si notoria foi a actuación galega na modalida de subida vertical do sábado, non foi menos o campionato de España de carreiras de montaña disputado o domingo.

A nivel xeral, notouse moita participación de atletas especialistas procedentes tanto da ruta como do campo a través que deron un forte ritmo á carreira nos primeiros treitos, o que orixinaría algúns tapóns en distintos puntos do percorrido.

Novamente nesta modalidade contouse con presencia galega nos postos importantes como a que tivo, precisamente, o Campión de España de Campo a través Asheber Díaz do Real Club Celta.  O talentoso corredor Sub18 debutaba nesta modalidade facendo un excelente plantexamento técnico e táctico da carreira que o levaban a sumar un novo título de España que o convirten no primeiro atleta galego en acadar un ouro nesta modalidade.

Continuando cas medallas, as representantes do club Atlética Lucense Emma Méndez na categoría Sub20 e Sandra González na Sub18 daban dúas novas alegrías ao atletismo galego nestos campionatos. Ámbalas dúas, que viñan de proclamarse campioas de Galegas da modalidade nas súas respectivas categorías, daban un paso máis esta tempada, acadando o subcampionato de España no caso de Emma e a medalla de bronce no de Sandra.

Para rematar, a última das medallas foi parar novamente a Emilio Montilla quen como xa fixera o sábado, subía a recibir un novo metal na especialidade de carreiras de montaña. Desta ocasión foi unha fantástica prata a que lograba o atleta do C.D. Boisbardo

Xunto aos medallistas, mención especial para Eloy Martínez quen volvía a rematar en postos de finalista. José Manuel González do S.D. Barbantia Roda na M55 e Beatríz Barroso do Atletismo Noia na F45 completaban a actuación galega nos postos importantes desta edición 2024.

O artigo O atletismo galego logra sobre o cume de Gredos seis medallas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O atletismo galego logra sobre o cume de Gredos seis medallas

Mas noticias relacionadas