Publicado por: F.G. Atletismo
Ca tempada en ruta practicamente rematada e a falta das probas de Arumes de O Corgo, Carreira da Carballeira de Ourense, Popular de Ames, e sobre todo a clásica Pedestre de Santiago, continúa a intensa actividade das probas en ruta na nosa comunidade que dará paso nesta fin de semana a disputa da XXIII Medio Maratón Pontevedra – Citibank organizado polo Concello de Pontevedra e Sociedad Gimnástica. A cita será este domingo día 21 as 11:00 horas ó remate da cal, coñeceremos quenes suceden no palmarés a Manuel Guerreiro e Leticia Fernández, gañadores no ano pasado.
Con esta proba, son cinco as “medias” que se viñeron disputando este ano polas principais rúas das nosas estradas o que garantizaría unha importante oferta para o numeroso colectivo demandante destas distancias.
Relacións gañadores medios maratóns 2017 – 2018
O artigo O Medio Maratón de Pontevedra pon o peche a tempada nesta distancia publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: O Medio Maratón de Pontevedra pon o peche a tempada nesta distancia