Ourense Atletismo e Gimnástica de Pontevedra novos campións de Copa

Publicado por: F.G. Atletismo

A Copa de clubs de pista curta deixounos novamente á Sociedad Gimnástica de Pontevedra como mellor club galego na categoría masculina e ao Ourense Atletismo como o domiñador na categoría feminina nunha gran actuación das ourensáns que se impuxeron contra todo prognóstico na cita copera.

A Gimnástica suma e segue

O equipo masculino capitaneado por Victor Gallego, refrendou o papel de favorito acadando o título por décima primeira vez consecutiva. Sin apenas sorpresas, os pontevedreses impuxéronse de maneira clara nun encontro no que sumaron 95 puntos e nos que lograron triunfos parciais prácticamente en todas as probas de anel, Gabriel de la Cruz nos 60 m;  Sergio Rodríguez nos 200 m;  Alexis  Miguens nos 400 m.; Pablo Bocelo nos 1500 m., Carlos Porto nos 3.000 m. así como o triunfo de Raúl Cortizo na lonxitude. A segunda posición con 78 puntos foi para o equipo do Real Club Celta logrando posto de podio o Lucus Caixa Rural galega nunha igualadísima loita co Atletismo Santiago á quen superaría por apenas medio punto.

O Ourense Atletismo protagonizou a gran sorpresa da Copa

O equipo femínino do Ourense Atletismo foi sen lugar a dúbidas a gran sorpresa do campionato de Copa ao lograr o triunfo nun axustadísimo resultado por diante da Gimnástica de Pontevedra a quen superaba nun encontro de infarto por 82,5 a 82 puntos .

As ourensás moi motivadas ao longo de todo o encontro, cimentaron o seu resultado grazas a súa gran regularidade na que tan só Andrea Reija en valos e Manuela Blanco en pértega lograban os títulos parciais. Xunto elas o equipo de As Burgas sumaba cinco segundos postos e tres terceiros que xunto ao resto de actuacións, contribuiron ao título ourensán. A Gimnástica de Pontevedra e o RIA Ferrol, completaron postos de podio nunha clasificación na que o campión do ano pasado, o A.Feminino Celta remataba cuarto.

  • Categoría Feminina: 1º Ourense Atletismo. 2º Sociedad Gimnástica. 3º Ría Ferrol. 4º A.Femenino Celta. 5º Atletismo Narón. 6º Lucus Caixa Rural Galega. 7º ADAS CUPA. 8º Atletismo Santiago
  • Categoría Masculina: 1º Sociedad Gimnástica. 2º Atletismo Celta. 3ºLucus Caixa Rural Galega. 4º Atletismo Santiago. 5º Marineda Atlético. 6º Atletismo Sada. 7ºAtletismo Narón. 8º Ourense Atletismo

Resultados

O artigo Ourense Atletismo e Gimnástica de Pontevedra novos campións de Copa publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ourense Atletismo e Gimnástica de Pontevedra novos campións de Copa

Mas noticias relacionadas