Prazo de reclamacións ós premios do VII Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña

Publicado por: F.G. Atletismo

Rocío Alvite do SAR Vermut Petroni cun total de 176 puntos e Amador Pena do C.A. O Pino (este ano na S.D Compostela Atletismo) serían os gañadores/as absolutos/as do VII Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña 2019.

Con este novo triunfo, a parella de corredores afianzase un ano máis no primeiro lugar deste importante circuito formado por un total de 30 probas e organizado pola Federación Galega de Atletismo.

O Circuito continúa medrando

Con este ano serán xa oito as edicións nas que se desenvolva este certame, que polas súas carecterísticas constitúe o evento máis importante destas características de todas cantas se celebran en Galicia, representando ademáis dunha importante oferta atlética, un excelente elemento vertebrador entre os distintos Concellos da provincia.

De cara a poñer datas para a gala de premiación desta edición, publícase a relación de premiados/as nas distintas modalidades e categorías, abríndose un prazo ata o luns 24  as 12:00 horas para efectuar reclamacións.

Relación de gañadores-as VII Circuito Deputación 2019

 

Probas que integrantes do VII Circuito 2019

  • 27/04/2019                 VII Carreira Pedestre Concello de Oroso
  • 11/05/2019                 XVI Carreira Pedestre Popular Concello O Pino
  • 12/05/2019                 IV Carreira Pedestre Concello de Mazaricos
  • 25/05/2019                 V Carreira Popular Concello de Dumbria
  • 26/05/2019                 VI Carreira Popular Concello de San Sadurniño
  • 01/06/2019                 VI Carreira Pedestre Concello de Zas
  • 02/06/2019                 VIII Carreira Popular Ría do Burgo
  • 16/06/2019                 IX 10K Carreira Popular Concello de Carballo
  • 22/06/2019                 VI Carreira Pedestre Concello de Cee 2019
  • 13/07/2019                 X Carreira Popular pedestre “Tordoia in Essence
  • 14/07/2019                 VI Carreira Popular Concello de Muxía
  • 20/07/2019                 IV Carreira Popular do Apóstol
  • 27/07/2019                 VI Carreira Popular Concello de Curtis
  • 03/08/2019                 XXVIII Milla urbana Concello de Ares
  • 15/08/2019                 XXX Carreira Popular Concello de Cambre
  • 18/08/2019                 XXVIII Carreira das Areas Carnota
  • 24/08/2019                 VIII Carreira Nocturna “Corre por Ferrol”
  • 25/08/2019                 XI Carreira Popular Concello de Pobra do Caramiñal
  • 31/08/2019                 XXIII Carreira Pedestre Popular Concello Noia
  • 01/09/2019                 XVIII Carreira Vila de Corcubion
  • 21/09/2019                 VI Carreira Popular Dolmen Dombate
  • 28/09/2019                 XXI Carreira Popular Santa Uxía de Riveira
  • 29/09/2019                 IX Carreira da Auga Unicef – Sada
  • 05/10/2019                 XXXVII Carreira Pedestre da Amaia
  • 13/10/2019                 VI Carreira Popular Concello de Fisterra
  • 20/10/2019                 XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames
  • 01/11/2019                 VII Carreira Popular “Concello de Rianxo”
  • 10/11/2019                 XL Carreira  Popular de Negreira
  • 01/12/2019                 XV Edición “Mar de Boiro –  13º Memorial Pepe Buceta
  • 22/12/2019                 VII Sin Son 10 Km.

 

O artigo Prazo de reclamacións ós premios do VII Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Prazo de reclamacións ós premios do VII Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña

Mas noticias relacionadas