Presentado en Muras o Campionato Xunta de Galicia de Trail Running – Maratón

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de onte tivo lugar a presentación do Campionato Xunta de Galicia de Trail Running na modalidade de maratón na área recreativa de A Veiga. Ao acto acudiron o alcalde do Concello Manuel Requeijo; Paula Gómez, Concelleira de Deporte e Turismo; Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación de Lugo; Pablo Gandoy Delegado da FGA en Lugo así como o director deportivo do evento, Pablo López, que desgranou tódolos pormenores da proba. 

Na presentación destacouse a importancia de albergar este campionato de Galicia que contará con tódalas modalidades puntuables, atopándose xa as inscricións abertas.

Primeira edición

O evento que se levará a cabo o vindeiro 7 de xullo no Concello de Murás, estreará edición ao ser a primeira vez que se desenvolva un campionato de Galicia nesta modalidade. Con este novo paso, continúase avanzando na consolidación e implantación de todas as modalidades do Trail Running na nosa Comunidade.

 

O artigo Presentado en Muras o Campionato Xunta de Galicia de Trail Running – Maratón publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Presentado en Muras o Campionato Xunta de Galicia de Trail Running – Maratón

Mas noticias relacionadas