PREVIA DUN FIN DE SEMANA INTENSO

Publicado por: Ourense Atletismo

A última fin de semana de febreiro chega cheo de competicións importantes, con dous campionatos galegos e dous campionatos de España nos que participará o Club Ourense Atletismo.

Na localidade catalana de Gavá celébrase o día 25 o Campionato de España de lanzamentos longos na categoría absoluta, onde Blanca Pereira Rubín participa no lanzamento de martelo coa sétima mellor marca tanto da tempada como persoal, polo que loitará por quedar entre as finalistas nun campionato que se prevé igualado ainda que os postos de honra parezan reservados a Osarumen Odeh, Natalia Sánchez e Gema Martí.

Ao día seguinte, na localidade murciana de Cieza, disputarase o Campionato de España de marcha en ruta coa participación de Carmen Escariz na proba de 35km. Polo momento prevense unhas boas condicións meteorolóxicas para esas datas no sureste peninsular, polo que haberá que estar pendentes da marca que poida realizar.

A nivel autonómico contaremos co Campionato de Galicia Sub18 e o Sub16 e Sub18 de combinadas na pista cuberta de Expourense. A falta de posibles cambios na lista de admitidos, participarán Rodrigo Díaz nos 60 e 200 metros lisos e na lonxitude, Roi Prieto na altura, Samuel Banga no triplo, Leyla Villar no 3.000, e Paula Conde en pértega.

Fin de semana, polo tanto, de intensa actividade atlética para os e as especialistas do noso club nunha ampla gama de probas.

O Campionato de España de marcha en ruta poderase ver a través de La Liga Sports TV e os resultados do campionato galego poderanse seguir a través da páxina da Federación Galega de Atletismo.

La entrada PREVIA DUN FIN DE SEMANA INTENSO apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: PREVIA DUN FIN DE SEMANA INTENSO

Mas noticias relacionadas