Queimaño e Romero dominaron o galego de combinadas

Publicado por: F.G. Atletismo

Eva Queimaño e Alejandro Romero serían os gañadores absolutos do Campionato de Galicia de probas combinadas desenvolto esta fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra.

A internacional Eva Queimaño do A.Femenino Celta, dominaría a súa proba logrando os triunfos tanto nos valados como nos 800 m. o que lle permitiría acadar unha puntuación total de 4.179 puntos. Tras a discípula do adestrador olímpico David Gómez, Lucía Seijas da Sociedad Gimnástica ocuparía a segunda posición con 3.773 logo de facerse cas victorias parciais nos 200 m. e na lonxitude. O terceiro lugar sería ocupado pola tamén céltica Karolina Puchmertlova quen pola súa banda dominaría a xavelina e o peso rematando cun total de 3.694 puntos.

Si na categoría feminina o guión cumplíase, na masculina saltaría a sorpresa xa que o favorito ó título Adolfo Sainz – Maza remataría o campionato na segunda posición logo de que no concurso de pértega fixera tres nulos o que sería aproveitado polo atleta do Narón, Alejandro Romero, para impoñerse contra todo pronóstico cunha puntuación total de 4.984 puntos polos 4.697 do internacional lucense nas ringleiras do Celta de Vigo. Xunto eles Manuel Iglesias do Atletismo Deza compartiría o terceiro posto de podio.

No resto de categorías os gañadores serían os seguintes:

  • Categoría Sub16 Hexathlon Feminino: Carmen Vitoria González (Franciscanos de Lugo) con 3.413 puntos
  • Categoría Sub18 Heptathlon Feminino: Andrea Reija (Riazor Coruña) con 3.726 puntos
  • Categoría Sub16 Octathlon Masculino: Aitor Fernández (Atlética Lucense) con 4.092 puntos
  • Categoría Sub20 Decathlon Masculino: David Lorenzo (A.Vila de Cangas) 4.902 puntos
  • Categoría Sub18 Decathlon Masculino: Mario Cabaleiro (C.A. Santiago) con 4.978 puntos

RESULTADOS

GALERIA FOTOS (Gema Figueroa)

O artigo Queimaño e Romero dominaron o galego de combinadas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Queimaño e Romero dominaron o galego de combinadas

Mas noticias relacionadas