RESULTADOS do III MEDIO MARATÓN LUGO e CAMPIONATO DE GALICIA 10KM RUTA (domingo 12 maio)

Publicado por: Lucus Atletismo

Este domingo 12 de maio a especialidade de fondo protagonizaba os eventos deportivos da provincia ourensá e a capital lucense. Comezando polo evento local, a partir das 10:00 horas dábase o pistoletazo de saída á terceira edición do MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO, desta vez da man de Alessandra Aguilar como madriña, á que acompañaron os padriños das edicións anteriores Abel Antón e Fermín Cacho, ambos os tres como participantes da carreira. Entre as case 700 inscricións, tomaron parte os atletas do Lucus Caixa Rural Galega cunha participación destacada; Esteban Iglesia facíase subcampión da carreira absoluta e medalla de ouro na súa categoría, rematando cun fantástico rexistro de 1:08.51. Rubén Arroxo sería o seguinte en cruzar a liña de meta, cun tempo de 1:27.50 que lle daba a 12º posición por categoría. Nos 1:43.07 era José Manuel Traseira o que remataba o percorrido, colándose entre os 20 primeiros da súa categoría e, para rematar, José Luis Merodio proclamábase campión por categoría cun espectacular cronómetro de 1:33.47. Deixamos os resultados completos no seguinte enlace, xunto cunha imaxe tomada pola organización.

©El Progreso.

Por outra banda, na localidade ourensá de Xinzo de Limia disputábase o CAMPIONATO DE GALICIA DE 10KM EN RUTA, con saída ás 10:40 horas do Pavillón de Deportes. Ata alí desprazáronse tamén diversos atletas do Club para competir nesta proba autonómica, logrando moi bos resultados. Paula Castro-Gil facíase coa medalla de ouro e o título de campioa galega na categoría SUB20, cun tempo de 44:11; mentres que o seu compañeiro de adestramento –Kevin Darriba– alzábase como subcampión na mesma categoría, rexistrando 38:12 que lle daban a medalla de prata. Na categoría máster serían Emilio Gontá e Carmen Novo os representantes do Lucus Caixa Rural Galega; Emilio conseguiría a 5º posición por categoría, cun rexistro de 52:39 e Carmen, na carreira feminina, faríase coa medalla de prata e un tempo de 53:03, que a convertían en subcampioa galega. Tedes na seguinte imaxe os resultados completos do Campionato.

NORABOA POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

Enlace con la noticia original: RESULTADOS do III MEDIO MARATÓN LUGO e CAMPIONATO DE GALICIA 10KM RUTA (domingo 12 maio)

Mas noticias relacionadas