Sete medallas para os lanzadores galegos en Castellón

Publicado por: F.G. Atletismo

Fantástico balance dos nosos atletas no Campionato de España de Lanzamentos Longos de Inverno de categorías menores, que durante este sábado e domingo viñeron disputándose en Castellón nas Pista Gaetá Huguet e Universidade Jaime I

Un total de 7 medallas (un ouro, tres pratas e tres bronces) serían as acadadas polos nosos lanzadores.Entre eles cabe salientar a Eric Méndez do Real Club Celta quen se proclamaría campión de España logo de mandar o artefacto ata os 58.32 m. Nesta mesma proba non menos notoria sería a medalla de bronce do tamén celeste David García quen acadaría o metal con 55.71 m.  Yago Araujo pola súa banda tamén subiría ó terceiro peldaño do podio na categoría Sub-18 con 58.49 m.

Irene Gómez do A.F. Celta como era de agardar, sería medallista ó ocupar a segunda posición no concurso de martelo con 57.37 m. Patricia Correa do A.F. Celta nesta mesma broba clasificaríase sexta con 47.07 m.

Na xavelina Sub-16 bronce para Antía Sestelo do A.F. Celta con 38.84 m. ocupando un lugar máis abaixo María Pena da Atlética A Silva con 38.38 m.

Semi pleno galego na xavelina Sub-20 na que as dúas primeiras posicións serían para Andrea González da Gimnástica con 44.14 m. lanzado no seu último intento, polos 40.64 m. de Ivanna Carolina Román do RIA Ferrol quen desta ocasión veríase superada pola pontevedresa téndose que conformar ca prata. Nesta mesma proba tomaría parte Claudia Puig da Gimnástica quen remataría quinta con 37.65 m.

Xa na xornada do domingo un novo metal para Nicolás García do R.C. Celta en disco Sub-18 con 53.27 m. quen acadaría o subcampionato Nacional.

No resto de actuacións galegas os resultados serían os seguintes: 7ª Lara Tilve en martelo Sub-16 con 40.21 m; 4º Daniel Mato do Millaraio en xavelina Sub-16 con 45.66 m.; 5º Jonatas Pereira do Cuntis con 53.15 m. en xavelina Sub-18; 4º Manel Iglesias do A. Vila de Cangas con 53.10 m. na xavelina Sub-20; 5ª Cristina Freire do AVA con 37.88 m. e 7ª María Jimenez da S.Gimnástica con 35.89 m no concurso de Disco Sub-18; 4ª Claudia Puig da Gimnástica con 35.43 m. e 8ª Mar Pérez do A.F.Celta con 31.49 m. no disco Sub-20 feminino

Resultados Campionato Lanzamentos Menores

O artigo Sete medallas para os lanzadores galegos en Castellón publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Sete medallas para os lanzadores galegos en Castellón

Mas noticias relacionadas