Solange, Uxía e Tariku ó europeo de campo a través

Publicado por: F.G. Atletismo

A RFEA facilitaría no día de onte a relación de atletas seleccionadas/os para representar a España no Campionato de Europa de Campo a Través que terá lugar o vindeiro día 8 de decembro na capital lusa de Lisboa no que será por parte do país irmán, os seus terceiros campionatos logo das edicións dos anos de Oeiras (1997) e Albufeira (2012).

A lista dos convocadas/os estará formado por un importante equipo de corenta atletas entre os que cabe salientar a presenza de Uxía Pérez Bugarín e Tariku Novales na categoría Sub23 e a de Solange Pereira no relevo mixto.

A mundialista Solange Pereira, asidua as listas nacionais desta disciplina que tan bos resultados está a dar, defenderá o título acadado o ano pasado en Tilburg. Recentemente asinaría un excelente rexistro no Cros de Atapuerca onde remataría segunda no cros curto.

Tariku Novales pola súa banda dará comezo unha nova tempada con moitas gañas, logo de que este ano as cousas non foran todo o ben que el desexaría. Para elo afronta esta importante cita onde o ano pasado xa acadara unha excelente sexta posición. Atapuerca recentemente confirmaría o seu bo estado onde lograría nunha meritoria vixésima primeira posición.

Para rematar, a campioa galega absoluta dos 5.000 m. Uxía Pérez, regresa a unha convocatoria internacional de campo a través logo da última acontecida no ano 2014 co Campionato de Europa en Samakov (Bulgaría). A de Tui tomaría parte recentemente nas probas tanto de Atapuerca como de Soria, acadando destacados postos.

Selección Española

O artigo Solange, Uxía e Tariku ó europeo de campo a través publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Solange, Uxía e Tariku ó europeo de campo a través

Mas noticias relacionadas