Un Gran Premio Cantones referente mundial

Publicado por: F.G. Atletismo

A chinesa Shenjie Quiyang e o marchador colombiano campión mundial, Eider Arévalo proclamaríanse campións do XXXII  Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña.

O espectáculo que principiaría dende primeiras horas da tarde ca disputa do Trofeo Josefina Romero e ca II Marcha solidaria xuntaría a gran número de afeccioados que como cada edición animarían en todo o momento ós marchadores participantes. Precisamente para o campión masculino desta edición sería determinante este apoio “Doy las gracias a este fantástico público que ha estado animando constantemente durante toda la prueba” serían as primeiras declaracións do colombiano que logo do seu trunfo na cidade herculina, perfílase como un dos firmes candidatos ó título olímpico de Tokio-2020

Da idoneidade do circuito pono de manifesto o rexistro da gañadora, a chinesa Quiyang,  quen con 1h.26:28 pasa a liderar o ranking mundial da distancia. Xunto a asiática entraría no segundo lugar a española Julia Takats con 1h.27: 28 compartindo podio a portuguesa Ana Cabecinha con 1h.29:41. Salientar que nesta mesma categoría a marchadora internacional galega Antía Chamosa cun rexistro de 1h.44:00 batiría o récord galego Sub-20.

No que atinxe ó podio masculino ademáis do gañador, estarían Diego García no segundo lugar con 1h.19:18 sendo terceiro o xapones Akihiro Noda con 1h.19:49

Á marxe da parte competitiva e da parte solidaria, a proba tivo tempo para homenaxear a Nicola Maggio, xuiz internacional de marcha que este ano colga o seu uniforme e que durante os últimos vinte anos, acudiría fielmente a esta importante cita.

RESULTADOS

Foto La Opinión

O artigo Un Gran Premio Cantones referente mundial publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Un Gran Premio Cantones referente mundial

Mas noticias relacionadas