XXXVI Copa Deputación Ourense Atletismo – 1ª Xornada

Publicado por: Ourense Atletismo

Disputarase a primeira das catro probas das que se compon a XXXVI Copa Deputación de Ourense o sábado día 13 de abril na Pista  “Josefina Salgado” sita no Complexo Polideportivo de Monterrei – Pereiro de Aguiar. Tratase dunha proba organizada pola Delegación en Ourense da F.G.A. e co patrocinio da  Excma. Deputación Provincial de Ourense.

 Esta competición estará baixo o control do Comité Provincial de Xuices da F.G.A. Constará de probas en horario de mañá para atletas das categorías sub16 en diante.

As inscripcións faranse na web da R.F.E.A. ata as 23:59 horas do martes anterior a disputa da proba.

Horario Inscritos


Enlace con la noticia original: XXXVI Copa Deputación Ourense Atletismo – 1ª Xornada

Mas noticias relacionadas