INSADENT PXG CAMPION GALEGO MINIBASKET

Publicado por: Marin Peixegalego

Os Peixiños do INSADENT PXG proclamaronse campións Galegos da liga galega de Minibasket, tras vencer nas semifinais ao Obradoiro CAB por 73-53.

Na final agardaba o mesmo rival que hai dous anos se enfrontara aos nosos na categoría Premini na final, levándose o título para Narón. Os da comarca de Ferrol se impuseran a Montrove por 56-41 nas semifinais

Nesta ocasión, nunha gran final os peixiños se impuseron ante un magnífico competidor por 76-62 viaxando a copa cara a Marín.

Enorme a temporada dos peixiños de Julian Bravo e Edu, na que emularon aos seus maiores acadando o título sen coñecer a derrota nesta competición.

The post INSADENT PXG CAMPION GALEGO MINIBASKET appeared first on Club Marin PeixeGalego .


Enlace con la noticia original: INSADENT PXG CAMPION GALEGO MINIBASKET

Mas noticias relacionadas