UD Atios 0-0 UD Ourense: Ourense é de Terceira

Publicado por: U.D. Ourense

Último partido de liga, e o destino fixo que os dous chegarán con opcións de ascenso dependendo de se mesmos para o ascenso, pero á UD Ourense lle valía o empate. Cun ollo estar a ver o resultado entre Erizana e Porriño. Nas bancadas un colorido deses partidos únicos, que fan historia e quedarán para o recordo de todos os espectadores.

No terreo de xogo un partido de toma e daca, onde os locais empezaron moi fortes, pero os homes de Fernando Currás en ningún momento amedrentáronse e ían a todo en cada salto, en cada choque, en cada entrada. No 6´, gol anulado aos visitantes despois dun disparo de Alfredo e no rexeite, posición adiantada do xogador ourensanista. Joni no 15´, internada por banda esquerda, que detén o porteiro. No 28´, ocasión de Rubio para os locais que Pato fai unha gran intervención. Antes do descanso, Alfredo de lonxe dispararía alto.

Empezaría o segundo tempo como termino sen cambios en ambos os equipos. Alfredo, tería a primeira do segundo período pero o seu disparo iríase fóra. Rubio, tivo unha clara ocasión aos poucos minutos despois, pero o seu intento de vaselina foi salvado na liña por Corzo. No 69´disparo de Joni que se iría fóra.

De novo Rubio de cabeza no 71´ tivo o gol local pero o seu croque foise fóra. Hugo, controla dentro da área e remata, e un defensor desvía a córner cando parecía que se ía dentro. Os últimos minutos foron de infarto, onde no 97´, a tolemia invadiu o campo de Ou Carballo e o título e o ascenso íanse para Ourense nunha tarde para non esquecer.

La entrada UD Atios 0-0 UD Ourense: Ourense é de Terceira se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Atios 0-0 UD Ourense: Ourense é de Terceira

Mas noticias relacionadas