A 17ª VOLTA Á CORUÑA: PRIMEIRO GRAN OBXECTIVO PARA O PELOTÓN GALEGO

Publicado por: F.G. Ciclismo

Ponteceso, Curtis e Cariño son as tres etapas que forman a 17ª edición da Volta Ciclista  á Provincia dá Coruña que se inicia este venres coa organización da Federación  Galega de Ciclismo. Cunha participación de 18 formacións entre as que destacan os sete conxuntos galegos, a primeira etapa sairá de Ponteceso ás dúas da tarde tendo prevista a súa chegada ás 17:30.

A xornada inaugural será a máis longa das tres que se disputarán. Son 150 quilómetros de percorrido no que destaca a ascensión ao alto Miradoiro  do Ézaro, un porto de primeira categoría e ramplas por encima do 20% de desnivel. O crebado perfil do día complétano os portos de terceira de Regalados e o Alto San Roque. Ponteceso e  Dumbria serán os escenarios das dúas primeiras metas volantes. Sen dúbida é un inicio esixente para empezar a marcar diferenzas.

A participación galega fórmana os conxuntos do Cambre  Caeiro, Cortizo  Anova Padronés,  Guerciotti  Kiwi Atlántico, Rías Baixas, Spol, Vigués  Autronic e Supermercados  Froiz. Para todos eles, esta proba representa un dos grandes obxectivos da tempada ao permitirlles a ocasión de lucirse ante os seus afeccionados.

Entre a nómina de favoritos ao triunfo estará o  Froiz que tentará repetir o triunfo de Martin  Lestido da edición pasada. O equipo pontevedrés que dirixe Evaristo Portela presenta un persoal renovado con novos valores que xa se deixan ver de maneira destacada no pelotón.

O Cortizo  Anova de Padrón conformou unha escuadra poderosa esta tempada e conta con varios ciclistas que poden optar á vitoria final como é o caso de Samuel Branco, Montenegro, De Mateos, Aser Estevez ou Jesús  Nanclares, recente gañador da Volta ao Val de  Guadalentín. Jesús Branco Villar terá na súa man un bo número de opcións para manexarse nesta dura carreira.

Outro dos conxuntos galegos a ter en conta é o Rías Baixas que apostará moitas das súas posibilidades aos seus dous homes destacados como son Fran  Zurita e Antonio Angulo. O Cambre Caeiro contará cun equipo veterano e con ganas de deixarse ver no pelotón.

A lista de equipos participantes complétana os portugueses  Jorbi e  Bombarral; os asturianos do  Kuota e Cidade de Oviedo; os madrileños  Escribano e  Polartec; o Tenerife  Bike  Point, o Bicicletas Rodríguez estremeño, o  Gs  Sport valenciano, o  Gomur de Cantabria e o Arte en Transfer leonés.

Poden completar a información na web: www.voltacoruña.com e seguir nas redes sociais con hashtag #voltacoruña

 


Enlace con la noticia original: A 17ª VOLTA Á CORUÑA: PRIMEIRO GRAN OBXECTIVO PARA O PELOTÓN GALEGO

Mas noticias relacionadas