A Selección de Galicia aproveita a crono individual para ascender na táboa por equipos da Vuelta Júnior Ribera del Duero

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Con vento e moita calor disputouse este sábado a contra o reloxo individual da Vuelta Ciclista Júnior Ribera del Duero. Sobre un percorrido de 7,8 quilómetros, Manuel Rodríguez foi o representante máis rápido da Selección de Galicia marcando o 27º mellor tempo. Na xeral ocupa agora a 14ª posición, mentres que o combinado autonómico ascende dous postos e colócase sexto na táboa por equipos a falta dunha etapa.

O líder Carlos Rodríguez (Kometa) venceu cun tempo de 10:28. Como mellor galego desta terceira xornada situouse Miguel Ángel Mera (MMR Academy), que finalizou 20º a 1:13. Manuel Rodríguez cedeu 1:18 respecto ao gañador, superando en 4" o crono de Brais Gómez 30º. Raúl Casalderrey (34º), Manuel Sampedro (70º), Gianni Iannelli (74º) e Daniel Sanín (97º) completaron a actuación da Selección. 

Na xeral individual, Manuel Rodríguez empezou a etapa décimo e caeu ata a 14ª praza a 2:20 de Carlos Rodríguez. A 8" do mellor clasificado do combinado autonómico atópase Mera (15º) e Brais Gómez aparece na 23ª posición. 

Esta rolda júnior despídese este domingo con 118 km con inicio e final en Aranda del Duero. 

 

Clasificación


Enlace con la noticia original: A Selección de Galicia aproveita a crono individual para ascender na táboa por equipos da Vuelta Júnior Ribera del Duero

Mas noticias relacionadas