Canal, Trabazo e Feijoo acadaron sensacionais resultados na Copa do Mundo de Nommay

Canal, Trabazo e Feijoo acadaron sensacionais resultados na Copa do Mundo de Nommay

Modalidades: 

Máis que destacada resultou a participación de tres corredores galegos este domingo na proba da Copa do Mundo de Ciclocross disputada en Nommay (Francia). Carlos Canal (Academia Postal – Actyon – MMR) obtivo a décima praza nos juniors, ese mesmo posto rubricou Irene Trabazo (Marín Ottoman) nas sub23 e Iván Feijoo (Academia Postal – Actyon – MMR) finalizou 22º nos sub23. Un test moi positivo para os tres cando restan dúas semanas para que se celebre o Mundial desta modalidade. 

Canal, vixente campión de España, meteuse entre os dez primeiros na súa primeira experiencia nunha Copa do Mundo e no seu primeiro ano como júnior. O limiao arrancou desde a primeira liña, e despois dunha boa saída, atragantouselle a zona das escaleiras, perdendo posicións e chegando a rodar por enriba do posto 20. A partir de aí, e xa co seu ritmo, empezou a remonta para entrar na meta o décimo, nun circuíto moi embarrado e no que se moveu moi ben.

Deste xeito, Canal deulle á canteira do Maceda outro top ten mundial como no seu día fixeron Pablo Rodríguez e Iván Feijoo. Nesta ocasión o alaricano estreouse como sub23 na Copa do Mundo asinando a 22ª posición. Este notable resultado chegou despois de comezar dende moi atrás e ter que remontar. Unha actuación que reforza a súa moral de cara as súas dúas seguintes citas, a Copa do Mundo de Hoogerheide e os Campionatos do Mundo de Valkenburg.

Ese mesmo calendario tamén seguirá a marinense Trabazo, que en Nommay protagonizou a súa mellor carreira ata o momento na Copa do Mundo. A do Marín Ottoman cruzou a liña de meta no posto 39 da carreira raíña feminina, ocupando a décima praza na táboa sub23. 

 

 


Publicada en: Canal, Trabazo e Feijoo acadaron sensacionais resultados na Copa do Mundo de Nommay» target=»_blank»>F.G. Ciclismo

Mas noticias relacionadas