Catro equipos galegos rodan desde este domingo no pelotón da Copa de España Elite e Sub-23

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O Circuito Guadiana dá este domingo o bandeirazo de saída á Copa de España Elite e Sub-23 masculina de Estrada. Unha quinta parte dos 20 equipos oficiais que compoñen o pelotón do certame máis prestixioso do campo amateur español son galegos. Supermercados Froiz, Vigo-Rías Baixas, Alumios Cortizo e Gsport-Velofutur participarán nas once xornadas puntuables dun calendario que rematará o 9 de maio en Padrón. 

Os primeiros maillots de líderes desta competición reservada a corredores Sub-25 poranse en xogo na localidade pacense de Don Benito. A 54ª edición do Circuito Guadiana celébrase sobre un percorrido de 171,4 quilómetros. Para completar esa distancia os ciclistas darán catro voltas a un circuíto que conta cun punto clave: a ascensión ao curto pero tremendamente esixente alto de Magacela. Esta subida de pouco máis de 1.000 metros, cunha pendente media do 11%, está ubicada a 20 km do arco de meta. 

CALENDARIO DA COPA DE ESPAÑA DE ESTRADA ELITE E SUB 23 MASCULINA

1 de marzo – 54 edición Circuito Guadiana Élite-Sub 23

Don Benito (Extremadura)

8 de marzo – XXIX Trofeo Guerrita – Memorial Juan Romero y Diego Sanchez-

Alcantarilla (Murcia)

15 de marzo – XVII. Aiztondo Klasikoa-P. Alkorta Memoriala

Asteasu (País Vasco)

21 de marzo – LXVII Gran Premio Primavera

Ontur (Castilla-La Mancha)

29 de marzo – Ridley – Memorial Pascual Momparler

Villanueva de Castellón (Comunidad Valenciana)

5 de abril – 49º Memorial Valenciaga

Eibar (País Vasco)

19 de abril – XXXVI Clásica Ciudad De Torredonjimeno Copa de España

Torredonjimeno (Andalucía)

26 de abril – IX Copa Valladolid Memorial Ángel Lozano

Valladolid (Castilla y León)

1 de maio – LXXXVII Santikutz Klasika

Legazpi (País Vasco)

3 de maio – XXII Gran Premio Macario – Ayto. de Alcalá de Henares

Alcalá de Henares (Comunidad de Madrid)

9 de maio – 58 Clásica de Pascua

Padrón (Galicia)

Máis información


Enlace con la noticia original: Catro equipos galegos rodan desde este domingo no pelotón da Copa de España Elite e Sub-23

Mas noticias relacionadas