VII Ruta do Albariño – Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto'

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Tres probas en dúas xornadas. A Ruta do Albariño – Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto' celebra esta fin de semana nas estradas do Salnés a súa sétima edición e un ano máis mantén o seu formato clásico

A competición para corredores e corredoras júnior e sub20 abrirase o sábado pola mañá (11:00 horas) coa cronoescalada de 3 quilómetros entre Meaño e o Alto do Busto. O segundo sector desta primeira xornada disputarase a partir das 17:00 horas, unha carreira en liña de  65 km con inicio e final en Meaño.

O domingo a Ruta do Albariño trasládase a Cambados. Na capital comarcal arrancarán (10:30 horas) e concluirán os 92 km da etapa definitiva. Ademais, esta última xornada será puntuable para a Copa Galicia Júnior


Enlace con la noticia original: VII Ruta do Albariño – Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto'

Mas noticias relacionadas