Ciclismo de alto nivel en Vigo con motivo do Díptico de Galicia

Publicado por: F.G. Ciclismo

A 45 edición do Gran Premio Cidade de Vigo-Díptico de Galicia celébrase este fin de semana, en xornadas de sábado e domingo no centro de Vigo e o Monte do Castro. A proba foi presentada esta mañá no Concello de Vigo polo alcalde da cidade, Abel Caballero, e por Carlos Vidal, presidente do Club Ciclista Vigués  Autronic, entidade organizadora, que estiveron acompañados por Manel Fernández, Concelleiro de Deportes, Juan Carlos Muñiz, Presidente da Federación Galega de Ciclismo e unha representación de ciclistas e técnicos do Club.

Abel Caballero comento que “o G.P. Cidade de Vigo é a mellor proba de ciclismo que se fai en Galicia, por tradición na súa 45 edición, por equipos e polo número de participantes”. Pola súa banda, Carlos Vidal, manifestou o seu agradecimiento ao Concello de Vigo e colaboradores sen esquecerse da Policia Local, Protección Civil e voluntarios que fan posible esta actividade.

O XLV Gran Premio Cidade de Vigo-Díptico de Galicia dará cabida na dobre sesión á totalidade das categorías de formación do ciclismo galego en categorías masculina e feminina.

Fomentar o deporte desde a base e achegar ao público vigués e ao que nos visita nesta época do ano o ciclismo, son as razóns que sustentan esta clásica do noroeste peninsular, que volverá contar con ciclistas de Galicia, Asturias, León e Portugal.

O programa deportivo manterase fiel á última edición e os ciclistas volverán competir sobre un circuíto llano cun perímetro de 900 metros, no tramo comprendido entre a estación de Guixar e a rúa Oporto, con meta á altura do antigo Rectorado. Un escenario apto para a velocidade.

A sesión do sábado comezará ás 16.30 horas, e irán entrando en competición as categorías: promesa, principiante, alevín, infantil, cadete, junior e élite-sub23. Os ciclistas desta última categoría disputarán dúas mangas: fondo e eliminación.

O domingo será a quenda dos escaladores. A competición iniciarase ás 9:30 horas cunha cronoescalada desde Pórta do Sol ata O Castro para féminas, cadete, junior e elite-sub 23 e unha distancia de 3,5 km. O programa completarase con carreiras de fondo sobre o circuíto longo deste céntrico parque vigués. Os protagonistas neste caso serán ciclistas de categorías cadete e junior masculina, cadete, junior e élite feminina e sub 23 e élite masculina.

©CC Vigués


Enlace con la noticia original: Ciclismo de alto nivel en Vigo con motivo do Díptico de Galicia

Mas noticias relacionadas