O Club retira o equipo feminino por falta de xogadoras e apoios.

Publicado por: U.D. Ourense

Lamentamos comunicar a retirada do equipo feminino da 1ª Autonómica. O motivo é a falta de xogadoras para completar un equipo que poida competir no campionato de liga. A pouco máis de dúas semanas do inicio da competición tan só contábamos con 13 xogadoras, un número claramente insuficiente para facer fronte a un campionato tan esixente como a 1ª Autonómica.

Agradecerlle o seu traballo e implicación a Rubén (adestrador estas tres tempadas), Jaboco (segundo adestrador as dúas primeiras), Rafa (delegado as dúas primeiras tempadas), Adrián (preparador físico na pasada tempada) e Adolfo (delegado e masaxista na pasada tempada). Sobre todo destacar a labor e implicación de Rubén, que foi máis alá da labor propia dun adestrador, e sen o cal este proxecto non tería comezado.

Tamén agradecerlle o seu apoio aos patrocinadores do equipo estas tempadas: Lisardo Dorribo (patrocinador principal as dúas primeiras tempadas), Cervexaría Áncora, Cafetería J&J, Pub Symbol e TAR (patrocinador principal a pasada tempada).

E por suposto, darlle as grazas as xogadoras que durante estas tempadas defenderon e levaron con gran dignidade o nome da Unión Deportiva Ourense e de Ourense por toda Galicia. Desexámoslle a todas elas o mellor deportiva e persoalmente.

E, por último, lamentar a falta doutros moitos apoios necesarios para levar adiante un proxecto desta magnitude dun xeito máis solvente. Lamentar a nula axuda do Concello de Ourense para co equipo feminino, a pesares de ser o único equipo feminino do concello, e tamén a da Asociación de Empresarias e Profesionales da Provincia de Ourense (AME), dúas institucións das que só recibimos boas palabras.

La entrada O Club retira o equipo feminino por falta de xogadoras e apoios. se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: O Club retira o equipo feminino por falta de xogadoras e apoios.

Mas noticias relacionadas