Este sábado celébrase o curso de Soporte Vital Básico e DESA organizado pola FGC

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo organiza un curso de Soporte Vital Básico e DESA impartido pola Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias. Celebrarase este sábado 26 de outubro, dende as 09:00 horas ata as 14:00, na Casa do Deporte de Vigo. Esta actividade está aberta a tod@s @s federad@s.

Os interesados atoparán o formulario de inscrición facendo click nesta ligazón. Esta xornada ten un límite de 25 alumnos e o prezo é de 40 euros.

O curso formativo desenvolverase en fase de talleres teórico-práctico, con bonecos de simulación en grupos similares en número e folleto informativo sobre a temática, (reanimación cardiopulmonar, obstrución de vía aérea, etc)

Emitirase a cada alumno que supere satisfactoriamente os coñecementos e habilidades da formación, a certificación para acreditar o manexo de RCP e DESA, segundo criterios de sanidade, para dar de alta no rexistro de desfibriladores.

Adxúntase programa cos contidos.

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Este sábado celébrase o curso de Soporte Vital Básico e DESA organizado pola FGC

Mas noticias relacionadas