Feijoo estréase na Copa do Mundo rematando entre os 20 primeiros sub-23 en Berna

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Coas cores do seu novo equipo Nesta-Skoda Alecar, Iván Feijoo fixo esta fin de semana en Berna a súa primeira aparición da temporada na Copa do Mundo de Ciclocross. O corredor alaricano obtivo a 18ª posición na clasificación sub-23 despois de sufrir unha caída no arranque da proba suíza.

Feijoo, situado na segunda fila na grella inicial, explicou que "fixen unha moi boa saída chegando a rodar quinto, pero nunha curva tocáronme e funme ao chan. Quedei sobre o 30 e estou satisfeito coa remonta que puiden facer nun circuíto complicado. Non estou decepcionado, pero demostreime que podo loitar por estar máis arriba".

As vindeiras citas do seu calendario chegarán a vindeira fin de semana co inicio da Copa de España en Llodio e Elorrio. 

 

Fonte: Nesta-Skoda Alecar


Enlace con la noticia original: Feijoo estréase na Copa do Mundo rematando entre os 20 primeiros sub-23 en Berna

Mas noticias relacionadas