Iago Alonso deulle ao Chantadino o triunfo final na Volta a Lugo Máster

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O maillot amarelo da III Volta a Lugo Máster quedou na casa. Iago Alonso, representante do conxunto anfitrión Chantadino Máster Team, alzouse coa vitoria na clasificacións xeral final tras dous intensos días de competición. O corredor máster-30 vigués impúxose con 19 segundos de vantaxe respecto ao máster-40 Miguel Fernández (Ría de Vigo) e con 37" sobre o tamén máster-40 Eduardo Tajes (Norinver).

 O máster-30 Luis Lameira (Skoda Irmaos Leite) conseguiu o triunfo parcial na primeira etapa Escairón-Escairón, de 73 kilómetros, celebrada o sábado. A volta resolveuse este domingo nos 68 km con inicio e final en Chantada nos que venceu Miguel Fernández. 

Os gañadores finais do resto de clasificacións foron:

Metas Volantes: Roberto Andrade (Betanzos)

Sprints Especiais: Daniel Bernardo (20:20)

Montaña: Eduardo Tajes 

Máster-30: Iago Alonso

Máster-40: Miguel Fernández

Máster-50: Juan Adolfo Fernández (Máster da Louriña)

Primeiro Galego: Iago Alonso

Equipos: Norinver

 

 

 

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Iago Alonso deulle ao Chantadino o triunfo final na Volta a Lugo Máster

Mas noticias relacionadas