A Copa Galicia XCO celebra o 1 de maio en Ferrol

Publicado por: F.G. Ciclismo

O destino dos bikers galego nesta ponte do 1 de maio é Ferrol. O quinto mes do ano arranca este martes coa disputa da segunda proba puntuable para a Copa Galicia de Cross Country Olímpico (XCO). A sétima edición do Rallye BTT Cidade de Ferrol tamén é valedeira para o VI Circuíto Deputación da Coruña de BTT-XC. 

Este evento organizado polo Club Ciclista Ferrol estaba previsto para o pasado 10 de marzo, pero o paso por Galicia da borraca 'Félix' obrigou a aprazar a súa celebración. Nesta nova data a primeira das dúas quendas de saídas está fixada para as 11:00 horas. Os corredores rodarán polo circuíto da parroquia de Brión, un trazado de seis quilómetros de lonxitude. 

A Copa Galicia XCO viviu a súa primeira xornada o 14 de abril en Poio, onde se vestiron como líderes Samuel González (Salvaterra) e Irene Trabazo en sub23, Jorge Punzón (Prebetong) nos elites, Jorge Fernández (Coruxo) e Noela Saa (Academia Postal – Actyon – MMR) en cadetes, Adrián Barros (Coruxo) e Andrea García (Academia Postal – Actyon – MMR) en juniors, Manuel Ángel Parada (Rsbike) nos masters-30, Alejandro Trasbach (Racing Cycling) nos masters-40 e Manuel Castro (Barbanza Bike) nos masters 50-60.

Pola súa banda, o Circuíto Deputación da Coruña comezou a finais de marzo en Montefaro e en Ferrol defenderán a súa condición de mellores deportistas da provincia Fabián Rodríguez (Caimanes Betanzos) nos cadetes, Roi López (Compostelano) e Andrea García en juniors, Pablo Álvarez (Cambre – Renault Caeiro) nos sub23, Antonio Mato (Toxo) e Nuria Senra (Eskornabois) en elites, Vítor Lourenzo (Ferrol) nos masters-30, Alejandro Trasbach nos masters-40 e Manuel Castro nos masters-50/60.


Enlace con la noticia original: A Copa Galicia XCO celebra o 1 de maio en Ferrol

Mas noticias relacionadas