Marque e López Parada disputan desde este mércores voltas HC

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Dobre cita no sur da Península Iberíca desde este mércores para dous dos ciclistas profesionais galegos. O coruñés Daniel López Parada (Burgos BH) participa na 65ª Vuelta a Andalucía – Ruta del Sol e o estradense Alejandro Marque (Sporting Tavira) forma parte do pelotón da 45ª Volta ao Algarve. López parada continúa en Andalucía o seu periplo polo sur de España despois de disputar a pasada semana a Vuelta a la Región de Murcia e a Clásica de Almería. A súa terceira cita do ano, a Vuelta a Andalucía, consta de cinco xornadas e os finais de etapa desta rolda de categoría 2.HC poderán seguirse a través de Eurosport. Do mesmo nivel dentro do calendario da Unión Ciclista Internacional é a Volta ao Algarve. Para Marque esta proba supón a súa primeira rolda por etapas en Europa despois de ter aberto a temporada na Vuelta a San Juan en Arxentina. As cámaras de Eurosport tamén estarán presentes no sur do noso país veciño.


Enlace con la noticia original: Marque e López Parada disputan desde este mércores voltas HC

Mas noticias relacionadas