PONTEVEDRA COROARÁ AOS ÚLTIMOS CAMPIÓNS DE GALICIA DE 2018

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A concelleira de Deporte de Pontevedra, Anxos Riveiro, foi a encargada de presentar o Campionato de Galicia de Ciclocrós en todas as súas categorías que se celebrará o domingo no circuíto do hipódromo de Campañó coa organización do Club Deportivo Pinarium e a Federación Galega de Ciclismo. A competición, que se desenvolverá a partir das 09.30 da mañá, acollerá unha proba de promoción e a disputa dun total de 16 títulos autonómicos que abarcan desde as categorías de cadete ata os master 60.

Ademais da edil pontevedresa, no acto de presentación estiveron presentes o responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande e a secretaria da Federación, Begoña Carpinteiro que aproveitaron a ocasión para mostrar o novo equipamento que lucirá a selección de Galicia a próxima tempada.

A principal proba do calendario galego de ciclocrós terá como escenario as instalacións do hipódromo de Campañó, onde hai apenas un mes celebrábase o Trofeo Cidade de Pontevedra. O responsable do circuíto, Pablo Beis, anunciaba que “aínda que non hai moitas opcións para modificar o trazado existente habemos tentado aplicar varias novidades con respecto á proba anterior. Algunha curva cambiará de sentido e iso xa será bastante para sorprender aos participantes”, sinalou.

A cita pontevedresa tamén será determinante para realizar a composición do equipo que representará a Galicia nos nacionais que terán lugar en Pontevedra do 11 ao 13 de xaneiro.

Varios dos campións de 2017 tentarán revalidar o título obtido a pasada tempada. Non ocorrerá así na categoría cadete feminina na que Aida González (Maceda) non puido competir debido a unha lesión ou Juan Belo (Cidade de Santiago) a quen a paternidade lle ten apartado das carreiras. No resto de categorías defenderán título o cadete Miguel Rodríguez (Pontereas), recente gañador da Copa Galicia da especialidade. Os junior Carlos Canal e Andrea García (Maceda) tamén aspiran a facerse cun novo maillot de campión. O de Xinzo, que apenas competiu en Galicia para preparar o Campionato de España e o seu máis que presumible presenza no mundial, medirase a Jorge Fernández (Ponteareas) que gañou con solvencia o circuíto galego no seu primeiro ano de junior. A herculina Andrea García enfrontarase coa súa compañeira en Maceda, Noela Saa, como epílogo a unha campaña na que ambas alternaron as súas vitorias no calendario autonómico.

Do mesmo xeito que Canal, a marinense Irene Trabazo (Marín) centrou a súa preparación a nivel nacional e internacional e iso confírelle un plus ante os seus rivais. Iván Feijoo (Maceda) en sub 23; Lucía Vázquez (Prorebordosa) e Adrián Valverde (Rías Baixas) en elite tamén defenderán os títulos obtidos en 2017 aínda que enfronte terán aos gañadores da Copa Galicia como son Samuel González (Guerciotti) e Mª José Gómez (Cambre). Só o do Rías Baixas foi capaz de facerse co trofeo da regularidade e lucir a súa condición de Campeón de Galicia ata a reválida final.

Luciano Carretero (Cambre) en master 30 e Marcial Rodríguez (Quebici) en master 50 tamén optarán a un novo título nas súas categorías.

©Foto: Difusiónprosport


Enlace con la noticia original: PONTEVEDRA COROARÁ AOS ÚLTIMOS CAMPIÓNS DE GALICIA DE 2018

Mas noticias relacionadas