Saúl López (Maceda) e Lara Lois (Extol, novos Campións de Galicia de btt XCO

Publicado por: F.G. Ciclismo

O ciclista Saúl López (Maceda) logrou sumar por vez primeira o título de Campión de Galicia de btt campo a través olímpico ao seu extenso palmarés grazas á súa vitoria no Campionato celebrado en Sanxenxo con organización do Corbelo. O triunfo incontestable de Saúl entre os elite veu cubrir unha carencia coa que contaba un historial deportivo infestado de éxitos a nivel nacional e internacional desde a categoría cadete, pero que nunca tivo un autonómico, cita na que só conseguira segundos e terceiros postos.

O monfortino foi quen mellor se adaptou á calor reinante no circuíto de Punta Cabicastro. Tras unhas primeiras voltas nas que rodou con Samuel González (Salvaterra), Alberto Pedreira (Bici Verde), Esteban Sánchez (Extol), Adrián Valverde (Rías Baixas), Jorge Carrera (Prebetong) o Daniel Rodríguez (Quebicisport), o seu cambio de ritmo o foi distanciando dos seus compañeiros de grupo ata cruzar a meta vitorioso e en solitario. López estivo acompañado no podio por Adrián Valverde (Rías Baixas) e Alberto Pedreira (Bici Verde), os que fose campións de Galicia en 2017 e 2016 respectivamente. Pola súa banda, Samuel González (Salvaterra) logrou o título de Campión de Galicia na categoría sub23 sendo a prata para Pablo Álvarez (Cambre) e o bronce para Raúl González (Maceda).

En canto ás mulleres, Lara Lois ( Extol) unha deportista con apenas catro anos de traxectoria no ciclismo de competición, acadou un dos seus obxectivos esta temporada e sumou o seu segundo título de Campioa de Galicia. Lois o fíxoo tras vencer á laureada Lucía Vázquez ( Prorebordosa) que foi prata e á gañadora da Copa Galicia, Nuria Senra ( Eskornabois) que foi bronce. En sub 23, a Campioa foi Irene Trabazo (Marín), subcampioa Claudia Portela ( Marin) e terceira praza para Zaida González (Roseira).

Sen dúbida a calor foi a nota destacada desta edición, sumándose ao xa de por se esixente trazado pontevedrés cun unha media de quince minutos por volta. O mellor adaptado ás dificultades foi Carlos Canal (Maceda), gañador das chaquetillas de Campión na súa etapa cadete e que sumou a súa primeira como junior cunha auténtica exhibición na que se permitiu dar caza ao grupo cabecero de categoría elite que saíra dous minutos antes. A presumible oposición que podería presentarlle Adrián Barros (Coruxo) frustrouse coa avaría mecánica do vigués. O gañador da Copa de Galicia, David Aragunde ( Armenteira) e Óscar Fernández (Avanza) flanquearon a Canal no podio. O Campionato de Galicia junior feminino foi para Andrea García (Maceda) e a prata para Alba Arias (Arteixo).

A escola de bicicleta de montaña de Coruxo obtivo os seus froitos na categoría cadete na que Jorge Fernández fíxose co título de Campión e Anxo Carril foi terceiro. A prata conseguiuna Miguel Rodríguez (Ponteareas). Entre as mulleres foi Zaira Vila quen completaría o trio de medallas de Coruxo co seu bronce. Laura Capa ( Farto), é a nova Campioa de Galicia na súa primeira temporada na categoría e fíxoo dando gran imaxe fronte á experimentada Noela Saa que tivo que conformarse co subcampeonato.

En categoría de master, Manuel Parada ( RSBikes) logrou un título que xa conseguise en 2015 en categoría elite. Tres anos despois volveu o máis alto do podio entre os master 30 e fíxoo acompañado por Diego Rey ( Caimanes) e Luís Fernández (Avanza), prata e bronce respectivamente. Entre as mulleres master, proclamouse Campioa de Galicia a incombustible Isabel Castro (Condado). A prata foi para Isabel Picoaga (7 Voltas) e o bronce para Isabel García (Bici Verde), dous ciclistas máis afeitas a probas de longa distancia e non tanto á explosividad da distancia olímpica.

Alex Trasbach (Racing) consumou o Campionato de Galicia en master 40 coa mesma autoridade que mostrou toda a tempada e xa ten a vista posta no próximo Nacional. Manuel Armada ( AGC) foi subcampión e Antonio Rodríguez (Burgas) terceiro. Outro que tamén cumpriu cos prognósticos para conseguir o Campionato foi Manuel Castro ( Barbanzabike) aínda que carreira lle custou despegarse do empuxe de Carlos Otero ( Btt Fene) que pelexou polo ouro ata a última volta pero tivo que conformarse co subcampeonato. O gañador en 2017, José Ramón Castelo (Castro Barbudo) subiu unha vez máis ao podio co seu terceiro posto.

Foto ©Luz Iglesias

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Saúl López (Maceda) e Lara Lois (Extol, novos Campións de Galicia de btt XCO

Mas noticias relacionadas