Segunda cita para o ciclocrós galego co Trofeo Rosón Asesores en Santiago

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O calendario galego de ciclocrós afronta un fin de semana con dúas probas de alto nivel: o venres, aproveitando o festivo nacional disputase no circuíto santiagués de San Lázaro unha nova edición do gran premio que organiza o equipo local do Mobles Compostela e o domingo no alto de Xaxán en Marín a primeira proba de carácter internacional que chega a Galicia da man do club ciclista Marín.

O XVIII Trofeo de Ciclocrós Rosón Asesores será a ocasión de reencontrarse co escenario onde se celebrou o pasado Campionato de Galicia e talvez a última oportunidade de gozar do circuíto compostelán tal como está configurado. As inscricións presentan números similares aos que se deron na proba inaugural de Poio co aliciente de atopar un terreo máis propicio para esta modalidade ciclista tras as últimas choivas caídas.

Ás nove e media tomarán a saída os mozos ciclistas que abren a xornada para realizar a volta de promoción antes do inicio oficial da carreira. Ás dez será a quenda dos master 50-60 e os master 40 que parten con Antonio Sousa ( Bifase Portugal) e Xacob Agra ( Masters do Louriña) como líderes das respectivas categorías despois de disputada a primeira xornada da Copa Galicia.

Os master 30 poñeranse en marcha ás 11:00 horas e Andres calvete (Monte Xalo) vestirá a camisola de líder. Tras eles será a quenda para os cadetes con Miguel Rodríguez (Ponteareas) e Laura Capa (Marín) como primeiros clasificados na provisional da Copa Galicia. A última saída do día reúne aos ciclistas juniors que comparten escenario cos corredores de categoría elite e sub 23 tanto masculina como feminina ademais das mulleres master. Iván Feijoo (Maceda) e Irene Trabazo (Marín) serán a referencia neste grupo final xunto cos junior Xoel Montes (Avanza) e Carla Fernández (Rio Miera) ademais da master Isabel Castro (Condado Bike).


Enlace con la noticia original: Segunda cita para o ciclocrós galego co Trofeo Rosón Asesores en Santiago

Mas noticias relacionadas