Adrián Rodríguez, quinta incorporación da UD Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

O ex céltico, Adrián Rodríguez, convertese en novo xogador do Ourense. O futbolista vigués, con experiencia en Segunda B, chega para reforzar a parcela ofensiva do clube.

Seguen as incorporacións na Unión Deportiva Ourense. Desta vez o clube presentou a súa quinta fichaxe da tempada, tralas chegadas de Arce, Marquitos, Viti e Carlos. Trátase de Adrián Rodríguez Vaz (Vigo, 29/07/1996), dianteiro en idade sub 23 e que chega libre tras rescindir o seu contrato co RC Celta, do que formou parte numerosas tempadas, pasando polas súas categorías inferiores. A pasada tempada o xogador desputou 3 encontros co Celta “B” antes de marchar cedido o Rápido de Bouzas no mercado invernal, onde dispuxo de máis minutos.

Adrián e un dianteiro o estilo clásico, alto e forte e con gran olfato goleador. Despuntou na súa etapa xuvenil, onde no seu segundo ano anotou 18 goles na División de Honra Xuvenil. Os seus mellores rexistros chegarían na súa seguinte tempada cando rematou con 26 tantos (21 en Liga e 5 en Copa). Posteriormente, no seu primeiro ano sénior marchou cedido o Tudelano, onde non tivo oportunidades e acabou no Alondras no mercado invernal, destacando con 8 goles en 18 encontros.

O vigués convértese na quinta fichaxe do club e no terceiro xogador de fóra de Ourense que se suma o proxecto vermello. A dianteira xa ten o seu primeiro reforzo trala renovación de Hugo García.

¡Benvido ao Ourense!

 

La entrada Adrián Rodríguez, quinta incorporación da UD Ourense se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Adrián Rodríguez, quinta incorporación da UD Ourense

Mas noticias relacionadas