Apoya a la EFF Rosalía

Esta tempada xa somos club e como tal temos que buscar a maneira de financiarnos para poder ofrecerlle as nosas xogadoras todo o que elas merecen e cubrir as necesidades que cada un dos nosos tres equipos van ter durante a temporada.

É por eso que iniciamos a nosa campaña de captación de simpatizantes da EFF Rosalía e por tan solo 20€ poderás axudarnos e obter a nosa bufanda e o carné de simpatizante.

Ademáis a nosa campaña ten un fin tamén solidario porque 2€ de cada simpatizante (o 10% do recaudado) donarémolo á Asociación AME Galicia que loita contra a Atrofia Medular Espinal.

Colabora con nós nestas duas boas causas, por un lado financiar a única Escola de fútbol feminina da provincia de Ourense e único clube ourensá con representación no fútbol feminino galego e por outra banda colaborar con AME Galicia, causa que merece moito a pena…

Podedes mercarlle as vosas bufandas a calqueira xogadora do equipo senior ou a calqueira membro do clube. Tamén podedes encargala dende a nosa web na sección de “contacto” ou polas nosas redes sociais e facémosvola chegar a calqueira punto do mundo.

Teléfono presidenta AME Galicia: 666 251 677

Teléfono representante AME Ourense: 626 816 623

Mas noticias relacionadas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *