Base Fútbol 11 Fin de Semana 9 – 10 Febreiro

Publicado por: U.D. Ourense

Na xornada de fútbol 11 da fin de semana de #anosabase houbo de todo un pouco.

Comesaña –Xuvenil A

Derrota nun encontro no que rematamos por diante a primeira metade. Na segunda metade os locais foron quen de darlle a volta ao marcador.

Xuvenil B – Allariz

Victoria nun partido bastante duro no que os nosos non se amilanaron o que permitiu que tivesemos o control e o dominio do mesmo.

Cadete A – Calasancio

Empate no encontro entre os dous primeiros clasificados. Empezouse perdendo, remontouse e os visitantes conseguiron empatar, deixando todo como estaba antes da xornada

Verín B – Cadete B

Victoria nun moi bo encontro dos nosos no que estivemos mellor có rival e dispuxemos de moitas ocasións.

Infantil A – Barbadás

Victoria nun partido de dúas partes moi diferenciadas, unha primeira máis igualada e disputada e unha segunda de clara cor local.

Polígono – Infantil B

Victoria nun encontro complicado e disputado que viviu un final de infarto no que houbo trocos no marcador nas derradeiras xogadas.





La entrada Base Fútbol 11 Fin de Semana 9 – 10 Febreiro se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Base Fútbol 11 Fin de Semana 9 – 10 Febreiro

Mas noticias relacionadas