CAPÍTULO 3: A MOUREIRA

Publicado por: Pontevedra C.F.

Este é o terceiro capítulo da reportaxe sobre a historia mariñeira da cidade de Pontevedra realizada por PonteArte, a quen recomendamos seguir, se non o facías xa, nas súas canles de redes sociais:

Twitter: @pontearte
Facebook: @poontearte
Instagram: @poontearte

A MOUREIRA

Sen A Moureira e o Gremio de Mareantes, Pontevedra non podería hoxe contar a súa historia. Cando nos adentramos polas estreitas e empedradas rúas deste barrio mariñeiro, todavía podemos sentir ese tímido cheiro a mar que nos traslada á época dos prodixios. A un tempo de piratas, mariñeiros e heroinas. Porque moitas veces se esquece, pero sen o traballo feminino a prosperidade do noso porto nunca houbera existido.

O arrabalde estaba moi lonxe da Pontevedra burguesa, ostentosa, de pazos señoriais e escudos de armas. Aquí vivía a xente humilde e traballadora que logrou o maior despegue económico da vila. As primerias referencias documentais sobre as xentes dedicadas á mar aparecen no “Fuero de Pontevedra”, un documento “xurídico” polo o que rei Fernando II de León outorgaba privilexios á villa, que pasaría a ser recoñecida oficialmenmte coma cidade.

O foro foi a crónica dun éxito anunciado, significou o despegue pesqueiro e tamén a mellora das comunicacións: derrubouse a ponte romana do Burgo, completamente ruinosa e abandoada, para seren substítuida pola actual medieval.

En 1229, Alfonso IX concede a Pontevedra o dereito exclusivo de secar merluza e vendela, por mar e terra, en todo o reino e fóra del. Problablemente, neste mesmo ano, concederáselle ao porto pontevedrés, xunto có de Noia, a capacidade exclusiva de fabricación de grasa de saín (aceite de pescado). Hoxe coñecemos este dereito grazas a confirmación de Fernando III en 1238.

Pero o progreso non remataría aquí. Juan II declara, en 1452, a Pontevedra coma porto exclusivo de carga e descarga para toda Galicia, o que fará da nosa vila a máis poboada do terriotio galego en 1550. O mar foi a columna vertedral da nosa economía. Dos peiraos da Moureira saíron barcos cara os enclaves comerciais máis importantes do mundo.

A riqueza interior da nosa ría fixo que a pesca máis habitual fora a de baixura. Das súas augas saían pulpos, rodaballos, merluzas… e a especie estrela: a sardiña. Eran as mulleres ás que se dedicaban á salazón, quitándolles as magas e as cabezas, que se destinaban á fabricación de aceite, saín.

O sal convertéuse no piar da industria pesqueira, e a pesar da inconvinte climatoloxía galega para a súa obtención, as Rías Baixas estaban salpicadas de pequenas salinas que foron capaces de bautizar a un territorio coma O Salnés. Segundo o Padre Sarmiento o nome deriva de “Territorio Salinense”.

Pero pronto a producción local quedou escasa. O historiador Xosé Fortes sitúa a definitiva expansión que converteu a Pontevedra nunha potencia marítima no s. XIV, coa importación de sal, adquirida principalmente das salinas de Aveiro, en Portugal. Na Avenida de Uruguay, hoxe en día todavía conservamos o edificio dol Alfolí, destinado a almacén dende o século XVI.

Os produtos exportados eran principalmente o pescado e o viño do Ribeiro. Ao tempo, a necesidade de buques fai crecer en importancia o estaleiro, que pasa de fabricar barcos pequenos a carabelas. Sabíades que na Moureira construíuse a nao ‘La Gallega’, na que Colón viaxou a América, e que foi dedicada a Santa María?

A importancia dos pescadores fixo nacer ó Gremio de Mareantes, que se encargaba de manter a orde en toda a ría e chegou a estar constituído por 2.000 mariñeiros. A súa denominación inicial foi a de Cofradía do Corpo Santo.

Sorprende ver coma tiñan unha cultura propia e estaban gobernados por dous ou tres vicarios, elixidos polos mesmos marenantes baixo as bóvedes de Santa María.

É coma era a vida na Moureira? O arrabalde estendíase dende a Ponte do Burgo ata a desembocadura do río Gafos. Diferenciamos tres tramos:

“A Moureira de Arriba”, que era mercante. Daba saída ó peixe e ó viño no comercio internacional. Aquí tamén estaba o estaleiro, que fabricaba os mellores barcos de Europa.

Logo estaba “A Moureira da barca”, preto ó peirao. Bautizada así pola barquiña que cruzaba o río Lérez e que máis tarde sería substituída pola Ponte da Barca. Este tramo rodeaba a praza de touros e era o núcleo comercial.

E, por último, “A Moureira de Abaixo” ou “As Corbaceiras”, dende a praza de touros á desembocadura do río Gafos. Neste tramo concentrábase a actividade pesqueira.

Por certo, no barrio de San Roque estivo ubicada no século XX “La Constructora” de Pazó. Esta fundición foi a primeira industria crucial que tivo Pontevedra, continuando o legado de prosperidade que o mar nos legara séculos atrás.

La entrada CAPÍTULO 3: A MOUREIRA se publicó primero en Pontevedra C.F..


Enlace con la noticia original: CAPÍTULO 3: A MOUREIRA

Mas noticias relacionadas