Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

Publicado por: U.D. Ourense

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 5 de decembro de 2019, ás 19:45 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense (casa de chocolate) na Av. da Habana, 79, Asemblea Xeral Extraordinaria de persoas socias co seguinte ORDE DO DÍA

  1. Explicación por parte do Presidente, José Ramón Dacosta González, dos feitos acontecidos o pasado domingo, 24.11.19, ao rematar o partido entre a UD Ourense e a UD Somozas no Estadio do Couto e medidas a tomar ao respecto.
  2. Ratificación por parte da Asemblea do Presidente e da Xunta Directiva.
  3. Rolda libre de intervencións.

Lémbrase que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto as persoas socias maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da cota social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á dita Asemblea. Por último, recordar que unha persoa socia pode representar a outra presentando escrito de autorización e copia do DNI da persoa representada.

La entrada Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

Mas noticias relacionadas