Convocatoria de eleccións

Publicado por: U.D. Ourense

O día 4 de Xullo de 2019 ás 20:00 celebrouse Asamblea Extraordinaria da Unión Deportiva Ourense, na que se abriu un novo poceso electoral e constituíuse a Xunta Electoral. Tras a lectura do regulamento electoral do clube, decidiuse:

  1. Dar de prazo ata o día 19 de Xullo de 2019 ás 23:59 horas para a presentación de candidaturas segundo o modelo adxunto. Cada membro da candidatura deberá aportar fotocopia do DNI.
  2. Convocar Asamblea Xeral Extraordinaria para o día 29 de Xullo de 2019 ás 19:30 horas en primeira convocatoria ou ás 20:00 en segunda convocatoria no Centro Cultural Marcos Valcárcel, tendo como único punto da orde do día a elección da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense.
  3. Establecer como vía de comunicación para a presentación de candidaturas, resolución de dúbidas, recursos ao censo ou das candidaturas e comunicación oficial a dirección de correo electrónico eleccionsudourense2019@gmail.com, sendo ésta a única vía de comunicación válida.

 

Documentación das Eleccións

La entrada Convocatoria de eleccións se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Convocatoria de eleccións

Mas noticias relacionadas