O Alevín resolveu na segunda parte no Conservas Calvo

Publicado por: Pabellon C.F.

A cita estivo igualada aínda que os de Jesús Rivera leveron máis a iniciativa contra un rival ben organizado nas labores defensivas. A primeira metade despachouse sen que se movese o marcador e foi na segunda parte cando chegarían os goles. Primeiro marcaría David despois de encarar ao meta rival fente a frente e despois sería Julián quen anotaría o segundo cun disparo axustado á base dun pao.

Os pabellonistas acumulan tres triunfos noutras tantas xornadas disputadas e cabe destacar que aínda non encaixaron ningún gol. O próximo domingo repiten nos Remedios (17 horas) nunha cita que foi aprazada no seu día coa EF Lalín.


Enlace con la noticia original: O Alevín resolveu na segunda parte no Conservas Calvo

Mas noticias relacionadas