O Xuvenil "A" resolveu pola vía rápida (6-0)

Publicado por: Pabellon C.F.

Non tivo problemas o equipo de Cándido Gómez para sumar tres novos puntos nunha cita que se presumía moito máis igualada pese ás diferenzas clasificatorias entre ambos conxuntos. O Pabellón resolvería a cita na primeira metade. No minuto vinte e tres xa tiñan unha renda de tres goles que lle daría moita tranquilidade no resto da cita.

No segundo tempo chegarían tres novos tantos. Se no primeiro tempo os lucenses estaban prácticamente entregados, o cuarto tanto local aos cinco minutos supuxo o toque final e a medida que pasaron minutos os branquiverdes incrementarían distancias con dúas novas dianas máis. Mencionar o debut no último cuarto de hora do porteiro cadete Bruno. Ficha técnica.

Logo deste triunfo claro o equipo segue metido na loita polas dúas prazas de ascenso. Ver clasificación. Na seguinte xornada visitan ao Porriño Industrial no Lourambal.


Enlace con la noticia original: O Xuvenil "A" resolveu pola vía rápida (6-0)

Mas noticias relacionadas