Tres puntos máis para o Senior (1-3)

Publicado por: Pabellon C.F.

Os nosos marcharíanse ao descanso cunha renda mínima (0-1) e o arraque da segunda parte deixaría dous goles nun espazo dun minuto. Pirmeiro empatarían os locatarios pero inmediatamente chegaría a resposta branquiverde para situarse de novo por diante, algo que resultou fundamental para frear a posible reacción do Vilar de Barrio.

Despois desa acción o partido entraría nunha fase na que os locatarios buscaban a igualada e os pabellonistas o gol que pechase o partido, algo que conseguirían a quince minutos do final e que lle permitiu afrontar a recta final do choque sen agobios. Ficha técnica.

Estes tres puntos permitirán que o equipo siga na segunda praza da categoría. Ver clasificación. O próximo domingo o Padrenda CF visitará o campo de Os Remedios.


Enlace con la noticia original: Tres puntos máis para o Senior (1-3)

Mas noticias relacionadas