Resumen da fin de semana para #ANosaBase

Publicado por: U.D. Ourense

Vitorias do xuvenil, que se achega o ascenso, do cadete “B”, que acaricia a permanencia e do cadete “B”, infantil, alevín “A”, alevín “B” e prebenxamín “A”, empataron os benxamís.

Xuvenís

Pabellón CF “C” 0 – 5 UD Ourense

Contundente vitoria do conxunto que adestra Agustín e que se sitúa a tan só 3 puntos do ascenso a liga galega e o título da categoría a falta de 3 xornadas para o final. Os nosos foron moi superiores a un Pabellón “C” que marchaba terceiro e o que superaron gracias a un gran encontro de xogadores coma Xoel, autor de 3 dos 5 tantos dos vermellos. Aldán abriu o marcador cun tanto en propia porta, logo verían os 3 tantos de Xoel e un de Enrique. 3 puntos máis cerca do soño.

Cadetes

CCAR Valladares 1 – 2 UD Ourense 

O conxunto cadete adestrado por Vilachá sumou unha valiosísima vitoria na cancha dun rival directo pola permanencia, o que lles permite os vermellos achegarse a tan só 2 puntos de manter a categoría. Os cadetes comezaron vencendo gracias a un tanto de Xacobo no minuto 34. Empatarían os locais no 55, pero un tanto de Álex no 70 deulle o triunfo e 3 valiosos puntos os vermellos, que a falta de 6 xornadas manteñen vivo o soño da salvación.

UD Ourense “B” 3 – 1 CD Velle “B”

O cadete “B” que adestra Luis García achégase os postos de cabeza da Copa no seu sistema de liguilla tras un incontestable triunfo ante un Velle “B” que prantou cara e que se adiantou no marcador por mediación de Javier. David Valverde igualaba a contenda 4 minutos despois e con táboas chegábase o descanso. O partido tardou en romperse, pero os vermellos conseguiron asegurarse o triunfo nos últimos 10 minutos con 2 tantos, obra de Antón e Donovan.

Infantís

UD Ourense 1 – 0 Pabellón Promesas

Vitoria moral do conxunto que adestra Bruno Gómez, que se impuxo a un Pabellón Promesas que marchaba líder e lanzado cara a liga galega e que caeu na súa visita o feudo dos vermellos. O tanto chegou no minuto 40, xusto antes do descanso e foi obra de Hugo. De ahí o final, os nosos aguantaron os envites visitantes para levarse unha vitoria que lle permite os ourensáns escalar dúas posicións na táboa.

AD Bosco “B” 5 – 0 UD Ourense “B”

Dura derrota do segundo equipo infantil, que foi superado con claridade por un AD Bosco “B”, que segue comandando a táboa con este triunfo. Os nosos encaixaron un tanto os 5 minutos de xogo e a pesares de que aguantaron e gozaron de ocasións para emapatar a contenda, un tanto antes do descanso, acabou declinando a balanza. Na segunda chegarían 3 novos tantos dos visitantes.

Alevís

Ourense CF 2 – 4 UD Ourense 

Triunfo dos de Álex Castro no derbi, o que permite os vermellos situarse a tan só 2 puntos do seu rival de esta xornada, que pecha os postos de acceso o sector galego. Os nosos apoiaronse na gran actuación de Mesfin, autor dos 4 tantos dos ourensás. Comezaron perdendo os nosos, que os 4 minutos recibían un tanto encontro. Mesfin empataba no 16, pero un minuto despois, Adrián voltaba a adiantar os locais. Mesfin antes do descanso e por partida dobre na segunda metade, sentenciaba o encontro. a 4 xornadas do final estar entre os millores equipos de Galicia xa non é unha utopía.

CP Calasancio “C” 1 – 3 UD Ourense “B”

Vitoria do segundo equipo alevín na súa visita Os Escolapios, na que se impuxeron o Calasancio “C” por 1-3, na penúltima xornada do campionato ligueiro. Diego adiantou os locais, pero Nico igualaba antes do descanso. Na segunda metade, Juan Lamas convertiuse no protagonista dos ourensás con 2 tantos que lle deron o triunfo o seu equipo. Gran tempada a do noso segundo equipo alevín que finalizará segundo.

CP Calasancio “B” 1 – 0 UD Ourense “C”

Derrota dun Ourense xa campión de liga e que notou as baixas en terras monfortinas, o que o lastrou para sumar un novo triunfo. Os nosos encaixaron un tanto no minuto 41 que a postre sería decisivo, nun partido marcado pola igualdade e pola loita continua por dominar o xogo e chegar a meta rival.

Benxamís

Ourense CF 0 – 0 UD Ourense

Empate sen goles do noso benxamín en Oira ante o Ourense CF. Un punto que lle serve os vermellos para manter a súa posición na táboa. Actualmente son cuartos, o que permitiría os nosos pequenos disputar o sector galego cas mellores canteiras da tempada en Galicia. O encontro estivo moi igualado, pero ninguén foi capaz de romper o resultado inicial. A 4 xornadas para o final, as opcións dos nosos proseguen intactas.

UD Ourense “B” 1 – 2 CD Rúa

Derrota do segundo equipo benxamín na casa fronte o CD Rúa. Os nosos prantaron cara a un duro rival, pero remataron sucumbindo na segunda metade, tras terse adiantado no luminoso na primeira e vendo como o rival empataba antes do descanso, para darlle a volta definitiva tralo paso por vestiarios. Novo encontro de aprendizaxe para os nosos.

Prebenxamís

UD Ourense 4 – 3 Pabellón CF 

Vitoria moi traballada do prebenxamín, que fixo un dos mellores encontros da tempada para superar a un Pabellón que aspira a xogar o sector galego. Adrián e Hugo abrían a lata para os nosos nos minutos 5 e 8. Os visitantes daríanlle a volta o marcador en tan só 9 minutos, con 3 tantos que lles permitiron marchar o descanso vencendo 2-3. Na segunda metade, Hugo Barge igualaría a contenda e Adrián Lloves daríalle o triunfo os nosos.

UD Ourense “B” 1 – 7 EDC Barbadás “B”

Derrota do segundo equipo prebenxamín diante do Barbadás “B” por 1-7. Gran imaxe dos noso, que siguen progresando e formándose co paso das xornadas.

La entrada Resumen da fin de semana para #ANosaBase se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Resumen da fin de semana para #ANosaBase

Mas noticias relacionadas