UD Ourense 1-0 SD Bande: Golpe de efecto cara o ascenso

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense supera o Bande nun encontro moi intenso e que decidiu Joni co seu gol. Partido moi serio dos homes de Currás, que dominaron o coiro e acabaron penetrando na muralla numantina branquivioleta. Partido histórico para o noso clube, no que por primeira vez se abriu Preferencia ante a presenxa duns 2.500 afeccionados nas bancadas.

As festas reunen a familiares e amigos que levan moito tempo se verse. Son días de ledicia, nostalxia e ata bágoas de felicidade. O ourensanismo voltou a vibrar coma antano, coma facían fai 4 anos co extinto CD Ourense. Foi o día da apertura de Preferencia, o día de encher tribuna, o día de batir o récord de asistencia a un encontro da UD Ourense, de batir o récord de asistencia a un encontro de fútbol en categoría rexional ourensá, foi o día do partido máis destacado e seguido da nosa historia. Foi o día das lembranzas, pero tamén o do futuro, o de saber que a Terceira está a tiro, que o equipo enchufa e que a xente quere voltar a respirar eso.

O partido arrincou con moitos espectadores accedendo todavía a grada de Preferencia, logo de que Tribuna estivese ateigada. Largas ringleiras nas taquillas e nos accesos, e moita expectación con case 1.000 persoas xa presentes a 30 minutos para o comezo. Chegaba a O Couto un rival incómodo, dos que non se lle dan ben os nosos por o seu estilo. Un equipo centrado en defender, en poechar líneas e en congregar moita xente o carón da súa propia área. Con esa filosofía, saiu o Bande o céspede de O Couto e entregou a posesión a UD Ourense.

Os vermellos, que están moito máis cómodos co coiro nos seus pes, trenzaban con tranquilidade e tentaban buscar ocos nunha muralla moi ben prantada e que apenas concedía espacios. Hugo desfonsouse abrindo espacios e tratando de arrastrar defensores. Tarea de un 9 traballador e que non só pensa no gol, un deses homes a ter sempre nun equipo e que está chegando a este final de tempada a un nivel altísimo. Germán foi o amo e señor na medular. Marcou os tempos, controlou o xogo, dirixiu a batuta de Fernando Currás sobre o céspede, xogando na misma posición na que o facía o de Esgos.

A primeira metade estivo dominada polos nosos, que chegaron máis a meta de Berto, quen tivo que retirarse lesionado os 9 minutos, o que supuxo un pequeno contratempo para Iván González, o que lle tocou dar entrada a Borja no lugar do mancado. Apenas houbo perigo sobre a meta de Pato. Algunha xogada illada a balón parado e poucas contras buscando a Soares ou Quini. Corzo e Vieytes, eso sí, non amosaron fiszura, apoiados por Germán, un Josu inconmensurable e un Oli que segue en fase evolutiva. En ataque Hugo dispuxo dalgún disparo dende lonxe e Alfredo tentouno, pero estivo moi tapado.

Tras o paso por vestiarios. Currás deu entrada a Durán en lugar de Presas. Os branquivioletas perdían intensidade co paso dos minutos e Fernando optou por renovar os seus homes de ataque. Joni sustitui a Fran Martínez. Dous cambios que fixeron que o equipo dera un paso adiante e xerase máis perigo. Cos visitantes metidos cada vez máis atrás, o acoso era cada vez maior.

As ocasións, eso sí, non tiñan perigo, sí os achegamentos. Nunha desas xogadas, Oli centrou o coiro o área, onde apareceu Joni para enviar o coiro o fondo da rede. O tanto fixo explotar a bancada, que comezou a celebrar con efusividade un tanto que pode ser clave a final de tempada. De ahí o final pouco máis que salientar. Os visitantes optaron por ir a por todas, pero sen facer dano e os locais non foron quen de matar o encontro co segundo tanto.

O final, victoria e 3 novos puntos para durmir en postos de ascenso directo a Terceira División, a espera do que faga o Moaña mañá en Sanxenxo. Mes e medio despois de estar a 6 puntos do ascenso directo, a situación xa está revertida. E tempo de seguir loitando e a próxima final será en A Tella fronte o Nogueira, onde tampouco vale errar.

La entrada UD Ourense 1-0 SD Bande: Golpe de efecto cara o ascenso se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 1-0 SD Bande: Golpe de efecto cara o ascenso

Mas noticias relacionadas