UD Ourense 2-2 Atlético Arousana: As vermellas mereceron mellor premio

Publicado por: U.D. Ourense

Empate da UD Ourense nun encontro na que foron moi superiores o Atlético Arousana, terceiro clasificado. Un tanto no 93 privou as pupilas de Rubén García de sumar 3 puntos. Gran imaxe e moito público en Os Remedios para ver fútbol feminino. Nerea e Emma fixeron os tantos ourensás.

O igual que ocorrerá na primeira volta en terras arousanas, a xustiza futbolística non fixo acto de presencia fronte o Atlético Arousana. O Ourense foi moi superior a un rival que chegaba a Ourense en terceira praza e concedendo moi poucos tropezos. As ourensás xogaron con moito coraxe e cun fútbol moi ofensivo que deu o seu resultado en forma de 2 goles e dunha gran imaxe controlando perfectamente o encontro. O tanto no 92 deixou un sabor agridoce nas vermellas.

As pupilas de Rubén García sairon o campo cas novedades de Feijoo, que regresaba tras lesión. Moni, xa coa alta deportiva, pero sen ritmo de competición, Sofía e Jani non puideron ser da partida. O primeiro achegamento tivoo Loh, pero o colexiado invalidou a xogada por fora de xogo, polo que a zagueira vermella non puido culminar unha xogada encamiñada a portería.

Controlaban o encontro as ourensás, que dominaban o coiro e embotellaban o seu rival na área. Laura tivo o primeiro cun remate que se estrelaba no pau tras unha boa asistencia de Nerea. Foi a antesala do gol vermello, cas mesmas protagonistas, pero cos papeis cambiados. Desta vez era Laura a que se adentraba na área e habilitaba para Nerea, que dende fóra da área conectaba un forte dispro imparable para a meta rival.

O gol espoleou as nosas, que tiveron unha nova ocasión nas botas de Zaira, pero o coiro rexeitabao a gardarredes cunha auténtico paradón. Cando mellor estaban as nosas e todo parecía encamiñado antes do descanso, chegou o tanto das visitantes, obra de Miriam. Pese o gol, as nosas voltaron a gozar dunha nova oportunidade antes do pitido do colexiado, pero Pacy non acertou a rematar entre o 3 paus.

Tralo paso por vestiarios, Rubén García moveu ficha e deu entrada a Emma e Celia, en detrimento de Zaira e Feijoo. Entre ambos trocos, Noelia exhibíase cun paradón para evitar o segundo das visitantes, que comezaban a chegar algo máis co paso dos minutos.

No 56 chegaba o tanto de Emma, tras unha gran xogada de Celia, que habilitaba a dianteira. Os cambios salíanlle perfectos a Rubén García, o participar no tanto as dúas recén ingresadas no terreo de xogo. Tralo gol, as nosas gozaron dalgunhas oportunidades de ampliar as vantaxes, pero non foron quen de anotar. As visitantes acadarían o empate no 92, co tempo regulamentario xa cumprido e rascaban un inmerecido punto.

As nosas conservan a sétima praza con 2 e 3 puntos de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores. A próxima semana visitan precisamente a un deles, o Victoria CF “B”.

La entrada UD Ourense 2-2 Atlético Arousana: As vermellas mereceron mellor premio se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 2-2 Atlético Arousana: As vermellas mereceron mellor premio

Mas noticias relacionadas