Un día para os nostálxicos, un encontro de reivindicación

Publicado por: U.D. Ourense

“Parece ser que van a abrir Preferencia”, comentaba un espectador. “A grada está chea, acabo de vermas e desealas para chegar ata aquí, si que te escondiche”, respondíalle outro. Restaban todavía 40 minutos para o comezo dun partido que quedará grabado nos anais históricos do fútbol provincial.

Foi un día para os nostálxicos, para todos aqueles que fai case catro anos, despedían o seu amado Clube Deportivo Ourense. Foi un día de reivindicacións, no que a xente amosou que Ourense non só respira fútbol, senon que aspira a voltar a contar cunha masa social fiel entorno o seu equipo e que supere os 2000 socios. Durante anos amosamolo polos campos provinciais, Pontevedra xa coñece tamén os nosos siareiros.

Houbo ata quenes quixeron presenciar o encontro dende a grada de fondo.

A UD Ourense viña de facer historia en todas as categorías polas que pasou nos case catro anos de vida da súa historia, a Preferente non ía ser diferente. Durante a semana anterior, as redes sociais, os foros, os bares, a prensa, todo era una comidilla do que moitos xa calificaban como o encontro da tempada non só no fútbol provincial, senón tamén na categoría.

Tribuna amosou a súa millor cara, coa grada prácticamente chea.

Agardábase un sábado de festa do fútbol provincial en O Couto e non defraudou. Máis de 2.600 persoas congregáronse no templo no ourensanismo. Nese santuario futbolístico que tantas alegrías está dando a toda una afección que segue crecendo e que este sábado voltou a captar a novo público potencial.

As ringleiras eran una constante nas taquillas. Ninguén quería perderse tan importante cita. “Parece que se vai encher”, apuntaba un afeccionado que esperaba a recoller o seu ticket. “Xa non lembraba estas colas, parece que xogamos en Segunda “B”, apuntillaba outro un pouco máis adiante. A ringleira dobraba a esquiña das taquillas en dirección a Preferencia.

A xente facía cola antes as taquillas 45 minutos antes do comezo do encontro, momento no que se colapsaban ante a avalancha de público.

O contraste do xentío tamén se vislumbraba nos accesos a grada de Tribuna. Unha hora antes, eran centenares os que accedían en busca dunha localidade, que pouco a pouco era máis difícil encontrar. “Vaia ambientazo, é espectacular, recórdame a épocas pasadas”, apuntillaba un histórico nas bancadas de O Couto.

“Carallo Manolo, hoxe sí que hai xente, case non dou aparcado”, mencionaba un dos máis veteráns da bancada e habitual tanto na casa coma fóra. “Home, hoxe temos que gañar”, respondíalle o seu compañeiro de aventuras futbolísticas. Namentras, a xente xa ateigaba tribuna e comezaba a acceder a Preferencia. Foi o momento da tarde, o de amosar o poderío do fútbol popular na cidade. A chamada do Ourense era recollido polos ourensás, que seguían accedendo o campo a moreas.

Atopar un sitio en Tribuna fíxose tarea case imposible.

O ambiente era un luxo. Bandeiras, bufandas, camisetas, cánticos, gritos e o encontró comezaba con xente todavía accedendo o estadio. Tribuna chea, Preferencia lucindo una media entrada e ata houbo uns valentes que accederon a grada de fondo, que tamén quixo ser partícipe de día tan histórico.

Os minutos transcorrían e axente víñase arriba o berro de “Ourense, Ourense”. Non faltaban os tradicionais “que sí joder, que imos ascender” ou o “voltaremos a maldita Segunda B”. A xente saltaba dos seus asentos ca entrada de Cristian Presas sobre Adrián Presas, a tensión era palpable, todos eran conscientes do que se xogaban os nosos, pero una vez máis e dando exemplo de deportividade, non houbo ningún incidente, a deportividade, coma sempre, reino una nosa casa.

Preferencia abriuse por primeira vez na historia do clube e contou con numeroso fútbol.

Co público animándose co ritmo das melodías de Songoku e o Equipo A, arrincaba a segunda metade. Co paso dos minutos, a tensión e os nervios facíanse máis latentes, ata que Joni fixo estalar as bancadas. O ruxido escoitouse en toda a cidade, un ¡GOOOOOOOOOOOOOOL! xeneralizado, deses que se escoitaban nas nosas rúas cando o noso equipo xogaba en Segunda.

O gol espoleou a nosa afección, que salktou de alegría nas bancadas.

O sábado foi o día da reivindicación, foi o día de amosar poderío, foi o día que se voltou amosar que a UD Ourense move cada vez máis fieis, que a xente quere o equipo e que o equipo responde. A Terceira está una xornada máis preto, o sitio que como mínimo corresponde a esta parroquia, fieis nas boas e nas malas, capaces de acudir o campo de Os Chaos a levar os seus en voandas e tamén de voltar a batir récords de afluencia nun partido de categoría non profesional na nosa provincia. Ourense respira fútbol, Ourense respira o aroma da UD Ourense.

A tarde rematou con colas e atascos para abandoar O Couto, pero xa daba igual, a festa era total ca vitoria e con 3 puntos que animan a soñar.

La entrada Un día para os nostálxicos, un encontro de reivindicación se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Un día para os nostálxicos, un encontro de reivindicación

Mas noticias relacionadas