XUNTANZA ENTRE PRESIDENTES E SECRETARIOS XERAIS DAS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS

Publicado por: UFEDEGA

Dende a Xunta Directiva da UFEDEGA traballase na defensa dos intereses comúns das Federacións Deportivas Galegas e en promover, defender, axudar e representar o deporte federado galego.

Como unión de federacións un dos nosos obxectivos é asesorar e colaborar coas institucións públicas, no referente ao deporte federado galego en xeral, e o seu desenvolvemento e mellora.

Logo de meses de traballo, acabamos de asinar un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, para a posta en marcha dunha campaña de formación e asesoramento ás federacións deportivas e clubs deportivos galegos.

Ao abeiro deste convenio, poremos en marcha unha xuntanza entre presidentes e secretarios xerais das Federacións deportivas galegas, que se celebrará o luns 11 de novembro ás 16:30 horas, en Santiago de Compostela, no estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 4 (sede da Real Federación Galega de Fútbol).

La entrada XUNTANZA ENTRE PRESIDENTES E SECRETARIOS XERAIS DAS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: XUNTANZA ENTRE PRESIDENTES E SECRETARIOS XERAIS DAS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS

Mas noticias relacionadas