Alejandro Montero, campión europeo de cros INAS por equipos

Publicado por: F.G. Atletismo

O equipo nacional do que forma parte o galego Alejandro Montero López, acaba de proclamarse campión continental por equipos no Campionato de Europa de Campo a Través (distancia curta) que se está a disputar en Italia  para deportistas con discapacidade intelectual. Xunto ó galego tomarían parte os atletas Asier Aguirre, Manuel Gómez, Cristian Epitie e José Martínez.

Con este novo título, o formidable atleta galego amplia o seu palmarés que sen lugar a dúbidas serviralle como estímulo de cara a tempada recentemente comezada.

O artigo Alejandro Montero, campión europeo de cros INAS por equipos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Alejandro Montero, campión europeo de cros INAS por equipos

Mas noticias relacionadas