Antonio Teijido e Sole Castro, dominaron a montaña

Publicado por: F.G. Atletismo

O concello ourensán de Esgos sería quen recibiría un ano máis ós participantes que tomaron parte no Campionato de Galicia de Montaña que nesta edición cumpliría doce anos. A cita, que se desenvolveu conxuntamente ca Subida Rocas-O Eirao, congregaría a preto de 150 participantes quenes desafiarían un circuito que discurriría sobre unha contorna fermosa e natural.

Despóis de que as 11.00 horas se dera a saída dende a Casa do Concello de Esgos, Antonio Teijido do Verxel Nutrición proclamábase campión absoluto despóis de ter recorrido os 13 km. en 1h.00:33. Xunto él no podio estarían Rubén Diz do Ourense Atletismo a dous minutos, sendo terceiro Rubén Martínez do Atletismo Negreira

Na categoría feminina novo trunfo para a múltiple medallista internacional máster Soledad Castro do Comesaña con 1h.15:44. As atletas do Burgas Ourense María Ferreiro e Victorina Losada completarían os postos de honra

No resto de categorías os títulos galegos serían para:

  • Absoluto: Soledad Castro (Comesaña S.C.) e Antonio Teijido (Verxel Nutrición)
  • Senior: María Ferrerreiro (Burgas Ou.)
  • Sub20: Alvaro Suárez (C. Miño)
  • Máster 35: Ana Belén Losada (Burgas Ou.) e Rubén Díaz (Ouurense A.)
  • Máster 40: Silvia Díez ( Egovarros) e José Manuel Casado (Maceda)
  • Máster 45: José Manuel Mira (Burgas Ou.)
  • Máster 50: José Luis Rilo ( R.Oleiros)
  • Máster 55: María Elisa Paz (Egovarros) e Jose Antonio Bermúdez (Noitebra)
  • Máster 60: Daniel González (Limiactivia)
  • Máster 65: Domingo Alvarez (Egovarros)

O artigo Antonio Teijido e Sole Castro, dominaron a montaña publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Antonio Teijido e Sole Castro, dominaron a montaña

Mas noticias relacionadas