BOLSAS A DEPORTISTAS,

Publicado por: Ourense Atletismo

BOLSAS A DEPORTISTAS DO C.M.D. DE OURENSE.

O Consello Rector do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense aprobou este mediodía, a convocatoria e as bases para a concesión de bolsas a deportistas individuais.

Esta convocatoria, pretende contribuír á mellora e ao perfeccionamento de deportistas que destaquen na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas, dándolle cobertura a parte dos gastos derivados da súa actividade.

A convocatoria prevé dous tipos de axudas, coas súas correspondentes categorías:

  • De iniciación: destinadas a deportistas menores de 18 anos, que poderán chegar até un máximo de 250 euros.
  • De cualificación: destinadas a deportistas maiores de 18 anos -incluídos-, que poderán chegar até os 950 euros.

Poderán solicitar as axudas os deportistas empadroados no Concello de Ourense, que dispoñan de licenza en vigor pola Federación Deportiva Galega da súa modalidade deportiva. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións galegas, será considerada a licenza estatal. Tamén deberán presentar certificado do mellor resultado obtido, emitido pola federación do seu deporte.

 

BOLSAS  a DEPORTISTAS DA DEPUTACIÓN.

Tamén no ámbito deportivo, a Xunta de Goberno  da Diputación, aprobou as bases reguladoras e convocatoria de 2021 do concurso para a concesión de subvencións a deportistas ourensáns, cualificados en modalidades deportivas individuais, durante a temporada 2019-2020. A convocatoria, que se desenvolverá polo procedemento de concorrencia competitiva, conta cunha dotación de 30.000 euros, sendo a contía máxima por solicitante de ata 3.000 euros, en función dos méritos e categoría dos deportistas que opten a estas axudas.

A finalidade destas subvencións é fomentar a práctica deportiva e incentivar aos deportistas ourensáns cualificados, mediante o recoñecemento da súa traxectoria e rendemento deportivo. Por este mesmo motivo, a convocatoria de 2021 introduce unha importante novidade. Así, dadas as especiais circunstancias motivadas pola COVID-19, que paralizou practicamente na súa totalidade a tempada 2019-2020, terase en conta o esforzo que ano tras ano realizan os deportistas de disciplinas individuais, de tal modo que tamén se considerarán os éxitos e logros deportivos da tempada 2018-2019, para permitir unha avaliación xenerosa e continuísta destas axudas.

O prazo improrrogable de presentación de solicitudes iniciarase a partir da publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións, e rematará o 26 de febreiro de 2021, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse validamente as peticións.

As bases da convocatoría foron publicadas no B.O.P. número 22 do día 28 de Xaneiro.

 

La entrada BOLSAS A DEPORTISTAS, apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: BOLSAS A DEPORTISTAS,

Mas noticias relacionadas