COMUNICADO – A ESCOLA ESTÁ DE VOLTA!!

Publicado por: Lucus Atletismo

 

COMUNICADO OFICIAL

 

Esta semana publicábanse as novas medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para a Comunidade Autónoma de Galicia no contexto actual fronte á COVID-19 (recollidas no Decreto 26/2021, do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, e na Orde do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021), o que suporían boas noticias para o noso deporte logo da modificación no punto 3.15 do Anexo da citada orde, relativo á «Actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos», que permite de novo a práctica da actividade física e deportiva de ámbito autonómico.

 

Despois de resolver coa Secretaría Xeral para o Deporte algunhas dúbidas con respecto á normativa publicada e ao desenvolvemento da Escola de Atletismo; o CLUB ATLETISMO LUCUS comunica:

 

  • Que o LUNS 22 DE FEBREIRO –incluído– RETÓMANSE OS ADESTRAMENTOS DA ESCOLA DE ATLETISMO para as categorías SU8, SUB10, SUB12 e SUB14, nas mesmas condicións que ata agora (en grupos de adestramento estables e seguindo o protocolo elaborado para a Escola).

 

  • Que con respecto ás limitacións de mobilidade entre os concellos, considerados individualmente:
    • Os/as atletas que residen no concello de Lugo, poden adestrar con normalidade.
    • Os/as atletas que residen fóra do concello de Lugo, poden desprazarse sempre que o adestramento estea vinculado a unha competición oficial nun prazo máximo de catro semanas, para o cal terán que solicitar un certificado ao Club e levalo consigo durante o traxecto. No caso de non haber competicións oficiais para a categoría, non poderían desprazarse para adestrar na Escola mentres se manteñan as restricións actuais.

 

 

Confiamos en que nos próximos días ou semanas sigan mellorando as condicións e nos permitan desfrutar dos adestramentos sen diferenzas, coa mesma seguridade e ilusión que ata agora.

 

 

XUNTA DIRECTIVA

LUCUS CAIXA RURAL GALEGA

 

 

Lugo, 20 de febreiro de 2021


Enlace con la noticia original: COMUNICADO – A ESCOLA ESTÁ DE VOLTA!!

Mas noticias relacionadas