CROSS PONTE ROMANA (domingo 25 novembro, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

Adiantada a nova edición do CROSS PONTE ROMANA que, este ano, terá lugar o domingo 25 de novembro, meses antes que a xornada pasada, que se disputaba a principios de ano.

Esta terceira edición do Cross, unha das disciplinas de maior tradición do atletismo, rendirá homenaxe a Tito Margaride, figura destacada desta modalidade e atleta do noso Club, nunha carreira que acolle a todas as categorías, desde SUB8/prebenxamín a MÁSTER/veterán.

A primeira das carreiras dará comezo ás 10:00 horas polos arredores do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, rematando coa categoría popular mixta e última da xornada, sobre as 13:45h., cuxos percorridos oscilan entre os 500m. e os 9km.

Se queredes saber máis sobre horarios, inscricións ou resultados, podedes consultalo na páxina oficial do Cross (desde ➤aquí) ou directamente desde os enlaces posteriores.

Podes anotarte desde xa, anímate a participar!!

Enlace con la noticia original: CROSS PONTE ROMANA (domingo 25 novembro, Lugo)

Mas noticias relacionadas